
Entradas coa etiqueta ‘populares’O Presidente Feijoo NON SE COMPROMETE CO MORRAZOMércores, 28 de Abril de 2010![]() Isto é o que dicia o sr. Fervenza fai un ano, concretamente o 10 de xaneiro de 2009.
¿Por qué agora o PP lle pide aos concellos que aporten o 20% do plano de transporte marítimo?
Según o razonamento do Sr. Fervenza : O Presidente Feijoo NON SE COMPROMETE CO MORRAZO
RECURSO CONTENCIOSO POLAS PROPIEDADES AFECTADAS POLA LEI DE COSTASLuns, 29 de Marzo de 2010Conven nestas alturas poñer as cousas claras, pois non sabemos a que se está a xogar por parte dalgúns persoeiros. Neste Contencioso que se está a tramitar ante a Audiencia nacional, O Concello de Moaña, con cartos de todos os veciños de e veciñas de Moaña, leva gastado máis de 35.000 euros para defender as propiedades destes veciños que o Ministerio de Medioambiente, tanto agora como durante 8 anos co goberno do Sr. Aznar pretende usurparlle. Canto levan gastado os afectados ?….. NADA Por qué a Asociación de Afectados non se personou no Contencioso contra a Resolución da Dirección Xeral de Costas que os deixa sen as súas propiedades?, Será para non ter que gastar os cartos? Ten que ser con cartos dos moeñeses e moañesas cos que se defendan? No contencioso, e eso deben sabelo todos os afectados, o Concello é o DEMANDANTE, a Dirección Xeral de Costas é a parte DEMANDADA, por qué entonces a Asociación de Afectados aparece como CO-DEMANDADA? A respecto do Sr. Fervenza, que se apunta a calquera bombardeo con tal de atacar ao Goberno do Concello, dende o BNG queremos dicir o seguinte: O BNG considera un insulto á intelixencia, que o Sr. Fervenza, en representación dos “Populares”, saia agora sen nengún rubor, a dicir nada a respecto do que estan a sofrir os veciños e veciñas afectados, pois dende o ano 2.000 até o 2004, o seu partido gobernaba en Moaña, en Santiago e en Madrid e non fixeron ABSOLUTAMENTE NADA por solucionar este problema, cando llo prometeran aos afectados. Por qué non presenta agora o Sr. Fervenza no Parlamento Galego unha Proposta de Resolución igual que fixo fai ano e medio para que a Xunta do Sr. Feijoo arranxe o problema dos afectados pola Lei de Costas?, será que agora xa non lle interesa ou non lle deixan no seu partido?, foi cicais unha pose máis con fedor electoreiro ao que nos ten tan habituados. Estrada Moaña-Berducedo, o PP na Deputación vota en contra da súa melloraLuns, 3 de Agosto de 2009
1º.- Que se inclúa a cantidade de 2.000.000 euros para completar a urbanización do vial provincial EP-ll O1 da Moca a capela dos Miragres (O Piñeiro), con cargo aos fondos reservados no orzamento da Deputación Provincial para o acondicionamento dos seus viais. 2º.- Que se remita de forma inmediata unha proposta de convenio ao concello de Moaña que recolla a actuación na totalidade do vial coa súa programación anual de execución. O Partido Popular e o Sr. Louzan votaron en contra destas propostas, deixando ao descuberto que non teñen pensado para nada mellorar os viais da súa competencia en Moaña, deixando en evidencia ao Sr. Fervenza e demais persoeiros do PP de Moaña. Mentras tanto, o Concello de Moaña, xa rematou as obras de ensanche e urbanización no tramo dende As Barxas até a Moca. ¿Para cando teñen pensado seguir o exemplo os Sres.do PP? ¿Que excusas poñeran agora?
Mocion do BNG na Deputación pola estrada Moaña-BerducedoMércores, 22 de Xullo de 2009A Deputación Provincial de Pontevedra, tiña comprometidos 350.000 euros con cargo ao PPCI08, para a mellora do vial provincial EP-I101 As Barxas-Berducedo. Dita consignación foi anulada no Pleno do 28 de novembro de 2008 e a incorporación do seu financiamento nos remanentes producidos por baixas de adxudicación. Este remanente aplicouse nas obras do Programa de Actuacións Complementarias seguintes: Capa de rodadura na EP 6010 A Lama-Muimenta-Ventos (Lalín-Agolada) e a obra Mellora do trazado e pavimentación da estrada provincial Pontedoval-Barciademera (Mondariz). o Presidente comprometeuse nese mesmo Pleno a que no Orzamento do ano 2009 haberla unha partida con nome e apelidos deste vial e recoñecía a insuficiencia dos 350.000 euros para acometer a mellora do vial. Pola contra o concello de Moaña, que estivo esperando durante dous anos a que a Deputación Provincial presentara un convenio de colaboración para a mellora e ensanche do vial, acometeu a mellora deste ata a Moca, para que non se cumpriran os prazos e non perder os cartos, ou modificalos como no caso da institución provincial. Polo tanto si que cumpriu a súa parte do presunto convenio!!. Polo tanto existía un marco de acordo onde o concello de Moaña, xa marcou o camiño de colaboración: urbanización dunha estrada provincial, construción de beirarrúas e mellora dos diferentes servizos: alumeado, pluviais… e onde queda pendente o compromiso, unha vez máis, do Presidente da Deputación, que permite que se trasladen aos medios de comunicacións as súas competencias e responsabilidades, o que aproveito para preguntarlle. Sr. Presidente. Que relación ten o deputado autonómico do Partido Popular D. José Fervenza, coa Deputación Provincial de Pontevedra? Sr. Presidente: Que relación ten o portavoz da Asociación de Veciños das Pagonas, D. Antonio Pastoriza, coa Deputación Provincial? Sr. Presidente: Estas dúas persoas actúan como portavoces do Presidente da Deputación ante os medios de comunicación? Sr. Presidente. Que pinta un técnico da Deputación Provincial dándolle explicacións enriba do capó dun coche, ao deputado autonómico D. José Fervenza e a D. Antonio Pastoriza acompañados de ilustres personaxes do Partido Popular e dándolle ultimatums ao concello de Moaña? Dende o BNG creemos que a política é algo máis que facerse unha foto no capó dun coche, cuns planos e dicer que estivemos cun “técnico”. Abogamos por reducir estas actitudes que contribúen a confundir as institucións cos partidos políticos e os seus lexítimos representantes. Por todo isto, o grupo provincial do B.N.G. presenta esta MOCIÓN e solicita o voto favorábel do Pleno da Corporación Provincial para a adopción do seguinte
ACORDO Primeiro: Que se inclúa a cantidade de 2.000.000 euros para completar a urbanización do vial provincial EP-ll O1 da Moca a capela dos Miragres (O Piñeiro), con cargo aos fondos reservados no orzamento da Deputación Provincial para o acondicionamento dos seus VlaIS. Segundo: Que se remita de forma inmediata unha proposta de convenio ao concello de Moaña que recolla a actuación na totalidade do vial coa súa programación anual de execución. O PP segue a defender os intereses privados sobre os públicosMartes, 19 de Maio de 2009
Unha vez máis o PP de Moaña convértese en avogado dos intereses privados contra os públicos do concello e de todos os moañeses e moañesas. O Partido Popular segue a boicotear as obras que leva a cabo o Goberno MunicipalXoves, 30 de Abril de 2009Hoxe podemos ver nos medios de comunicación como sae un suposto colectivo de afectados polas obras de acondicionamento do recheo de Domaio, unha obra que leva sendo demandada polos veciños e colectivos sociais de Domaio dende hai moitos anos e que o Goberno Municipal conqueriu que se escomezara por parte da Autoridade Portuaria de Vigo, en base a un proxecto moi participativo, producto do consenso entre os diferentes colectivos e persoas da Parroquia de Domaio, para o cal se celebraron diferentes asembleas e reunións. Agora vemos como persoas que xa estiveron co Sr. Fervenza nas mobilizacións do catastro, ¿casualidade? , saen reclamando entradas ás súas propiedades por donde antes era mar. Unha vez máis o PP e o Sr. Fervenza move os seus peóns para boicotear e impedir que se leven a cabo as obras de mellora no noso concello. O recheo de Domaio é un espazo que lle foi gañado ao mar, e polo tanto é un espazo totalmente público. Todas as propiedade teñen os seus accesos pola estrada PO-551 e os accesos dende o recheo foron usurpados nos últimos anos ao patrimonio público, sendo utilizados sen nengunha autorización. O BNG seguirá firme na defensa do espazo público gañado ao mar para uso e desfrute de todos e todas e non para ser utilizado en beneficio de intereses privados. |
|
BNG Bloque Nacionalista Galego en Moaña se precia de funcionar con WordPress . Tradución de egalego.com
Entradas (RSS) e Comentarios (RSS).