Posts Tagged ‘política local’

Fervenza convertese no avogado da Xunta de Galicia en Moaña.

Os feitos que están a acontecer nas últimas semanas en relación  a problemática da ubicación da subestación electrica en Trigás, volve a poñer  ao descuberto a verdadeira cara de Fervenza e o Partido Popular de Moaña. ¿A quen defende  Fervenza? pois di unha cousa pero fai outra. Agora adicase  levantar cortinas de fume para tapar a súa  escandalosa actitude ó respecto deste problema que preocupa ós veciños. Cabe recordarlle  que o BNG xa se opuso en varias ocasións e públicamente a instalación desta subestación en Trigás, para o cal, o Goberno Municipal adoptou a decisión de calificar os terreos de Trigás como dotacionais, co fin de evitar a instación nese lugar por parte de Fenosa.
O BNG emplazou a Fenosa a que consensuase outra ubicación alternativa, incluso  Fervenza se ofrecía como mediador pois aseguraba ter o emplazamento perfecto, un emplazamento que nunca apareceu, tras fracasar as propostas xurdidadas dende entón.
Dende o BNG queremos deixar claro que a responsabilidade de manter o servizo eléctrico de calidade no Concello de Moaña recae exclusivamente na empresa suministradora e na Consellería de Industria, polo que deberán ser as responsables de atopar unha solución satisfactoria para todos os veciños que agora se poidan sentir perxudicados.
Pero Fervenza non se entera, e agora, despois de que a Consellería de Industria non tivese en conta ningunha das alegacións presentadas contra a ubicación en Trigás, despois de que ignorase o planeamento xeral que está a piques de se aprobar, defende que a autorización dada polos seus compañeiros en Santiago ven forzada por culpa do Concello de Moaña, e atrevese a decir «que non lles quedou mais remedio que darlle esa saída». O propio Fervenza di unha cousa en Moaña e despois cala no Parlamento, onde se tomou a decisión de darlle a autorización a Fenosa. ¿Por que? Porque Fervenza so defende os intereses do PP, situandonos por riba dos veciños de Moaña, aos que dentro duns meses lle pedirá o voto.
No pasado Pleno Municipal, tentou que se aprobase unha moción en contra da subestación electrica en Trigás, moción plagada de incongruencias e faltas de respecto cara o Grupo de Goberno que foi votada negativamente por 10 votos a 6.
O grupo Municipal do BNG recordoulle a Fervenza ,e ó PP, que no Concello xa hai aprobadas diferentes mocións ó respecto, e que agora tócalle ó señor Deputado Autonómico presentar as mocións e enmendas  onde corresponde presentalas, que é no Parlamento Galego, a onde vai todalas semanas, e polo que percibe o seu salario.
O BNG pídelle ó señor Fervenza que presente ante o seu compañeiro de partido, e Conselleiro de Industria, Javier Guerra, todas as firmas que di ter recollidas en contra da subestación en Trigás, así como unha moción no mesmo sentido para que o órgano competente corrixa a autorización que lle deron a Fenosa, se non o fai, será tan culpable coma o seu Conselleiro de permitir a instalación en contra dos intereses veciñais e do propio Concello de Moaña.

O PP quere dar vía líbre as infraccións urbanísticas en Moaña

Pasquisn publicados polo PPO Partido Papular de Moaña ven de poñer a andar unha campaña en contra da legalidade urbanística no concello de Moaña, coa difusión de pasquíns que pretenden denunciar as actuacións da Concellería de Urbanismo en materia de inspección e sanción de infraccións urbánisticas. Según o presidente do PP local, estase a producir demasiado control sobre a actividade urbanística en Moaña, e sobre todo, estase sendo demasiado estricto na aplicación da legalidade, e según afirma «O goberno BNG-PSOE foi o primeiro en aplicar sancións coercitivas en Moaña» ¿quere decir que durante o goberno do PP non se produciu ningún tipo de sanción? ¿a caso non se cometeron irregularidades urbanísticas? Preguntámonos cal é a súa proposta en materia de urbanismo cara as vindeiras eleccións, ¿aplicarán a política do «todo vale» e se pode negociar?
Por último, fan un chamamento a todas aquelas persoas expedientadas ou sancionadas para que se acheguen a súa oficina de asesoramento para protestar.
Dende o BNG queremos aclarar os seguintes aspectos:
1º-A sanción ou multa coercitiva prodúcese cando a infracción non é subsanada en tempo e forma indicada no expediente de infracción. É decir, que se non se procede a reposición da legalidade é cando se emite a sanción.
2º-Os expedientes sancionadores non son «caprichos» do delegado de Urbanismo, senón que parten dos informes técnicos do persoal do Dpto. de Urbanismo, e sempre están fundamentados na LOUGA (Lei aprobada polo PP, Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia.), e sobre a obxectividade destes informes non caben «negociacións».
3º- A aplicación da normativa urbanística debe ser respectada por todos e todas os/as veciños/as, e para que isto sexa así , os técnicos do departamento de urbanismo deben poder traballar de xeito obxectivo e sen coaccións políticas de ningún tipo. ¿Que opinan de que un Concelleiro, Deputado Autonómico, e candidato a alcaldía dentro duns meses, cuestione o seu traballo?
O PP está acostumado a «negociar» sobre cuestións legais, pero en materia de Urbanismo os informes técnicos marcan se algo é legal ou non o é, e non hai termos medios. O BNG manterase sempre dentro do marco da legalidade.
José Fervenza anima a todas estas persoas, que non aceptaron as reposicións da legalidade a «denunciar» ¿a quen? ¿a que?¿o que?, non se sabe ben que pretenden decir, e outra das «ocorrencias» as que nos ten acostumado o PP nos últimos tempos con fins de enlamar a vida municipal.
É escandaloso que ocorran estes feitos, e que o PP actúe de xeito contrario a lei, Fervenza debe ser o primeiro político do País que pide públicamente que non se respete a legalidade urbanística dun concello, todo un exemplo de quen non debe chegar nunca a gobernar o noso concello.

Presentouse a lista cos dez primeiros candidatos do BNG as eleccións de 2011.

O BNG de Moaña ven de presentar o pasado venres 17 de decembro na Asamblea Local ós/ás candidatos/as do primeiro tramo da lista que concorrerá as eleccións Municipais que se celebrarán o vindeiro 22 de maio.

A lista será liderada por Xosé Manuel Millán, que seguirá estando acompañado dos demais compañeiros/as do BNG membros da actual equipa de Goberno Municipal, dando así continuidade a importantísima labor tranformadora que o BNG está a levar no noso Concello dende hai 8 anos.

Ademais desta continuidade, súmanse o proxecto do BNG caras novas que aportarán novos pulos e xuventude, así, varían os postos con respecto ás últimas eleccións, incorporando no segundo posto da candidatura a María Martínez Nogueira, unha moza veciña de Meira, Licenciada en Bioloxía e Mestra de Secundaria. No nº 3 segue Diego M. Riobó Martínez Licenciado en Psicopedagoxía e actual Concelleiro de Cultura e Ensino.A continuación no nº4 Beatriz Riobó Rouco, Administrativa e actual Concelleira de Deportes e Mocidade. No nº 5 Valentín Piñeiro González Traballador Municipal e actual concelleiro de Urbanismo. Séguelle no nº 6 Libertad Cruz Couso, Auxiliar de Clínica e actual Concelleira de Igualdade e Servizos Sociais. No nº7 Daniel Rodas Chapela, Funcionario e actual Concelleiro de Medio Ambiente e Mar. Outra das novas incorporacións ós primeiros postos atopámola no nº8 Coral Ríos Santomé, empresaria. Repite nas listas da candidatura, nesta ocasión no posto nº 9 Odilo Barreiro Martínez, mestre no colexio de Abelendo, e no nº 10 outra cara nova, Araceli Gestido Rodríguez, da Ameixoada, licenciada en Ciencias Políticas.

Esta é unha candidatura formada por xente activa e participativa, unha combinación de experiencia e caras novas que aseguren a continuidade do traballo que se ven facendo, e que ten unha boa aceptación entre a veciñanza moañesa. Unha candidatura que representa ós e ás moañeses/as de a pe, sen mais aspiracións que poñer o seu traballo ó servizo dos veciños/as.

 

10primeiros2

Odilo Barreiro, Coral Ríos, Valentín Piñeiro, María Martínez,X.M. Millán, Beatriz Riobó, Diego Riobó, Libertad Cruz, Daniel Rodas e Araceli Gestido.

 

NOVAS INVERSIÓNS PREVISTAS POLO GOBERNO MOAÑÉS. PARQUE NA GUÍA E REFORMA INTEGRAL DO LAVADOIRO DA MARTINGA.

concello-demoana

Consello de goberno do Concello de Moaña, ven de definir cales serán as súas inversións co de acordo co Plan Provincial de Cooperación (PPC), uns 87.500€ que se destinarán para dúas actuacións de mellora dos espazos colectivos do noso concello.

A primeira das obras será a construción dun parque público en Meira, na zona da Guía, esta obra son un s 700m2 que xa se comprometeran coa Comunidades de Montes de Meira, onde se colocarán xogos infantís , biosaudables , un mirador, e unha zona de lecer.

A outra inversión corresponde ao arranxo do lavadoiro da Martinga, en plena Rúa Ramón Cabanillas, onde ademáis do teito do lavadoiro, e da remodelación do mesmo, procederase á mellora do entorno e colocación de bancos, xardín e puntos de luz, para que a zona se converta nun punto de encontro entre os veciños.

 

 

 

Persoeiros do Grupo Municipal do PP quítanse a careta no último Pleno.

foto recollida da edición do faro de vigo no morrazo. aparecen os tres concelleiros nunha reunión da comisión de urbanismo no concello de Moaña.

No último Pleno da Corporación Municipal celebrado o 14 de agosto, donde quedou aprobado inicialmente o Plan Xeral de Ordenación Municipal, por unanimidade dos grupos,  algúns persoeiros do Grupo Municipal do Partido Popular desenmascaránronse e deixaron ao descuberto os verdadeiros motivos do seu «amor e entrega á política».

Os concelleiros, Nahur Currás, Angel Gonzalez e José Fervenza, levantáronse dos seus escanos, según eles «por hixiene democrática» e manifestaron que non participarían na votación pois tiñan intereses urbanísticos.

Falso discurso, pois si ben a Lei de Procedemento Administrativo no seu artigo 28 fala da obrigación das autoridades e do persoal da Administración de absterse nos asuntos donde teñan intereses directos, non é só no momento da toma de decisión e polo tanto no momento de votar, a Lei dí que deben asbterse no PROCEDEMENTO e polo tanto, si tanto lle preocupaba a »hixiene democrática» estes tres persoeiros deberon de absterse de participar no debate do Plan Xeral, pero Fervenza, lonxe de preocuparlle a «hixiene democrática», participou e mesmo reivindicaba na prensa a convocatoria da comisión de seguimento do PXOM.  Unha mostra máis do cinísmo e da falsa moral da dereita cavernícola.

En definitiva, os moañeses e moañesas non sabemos o que pensa o Partido Popular do Plan Xeral ou si hai tres Partidos Populares opinando:

Un, o dos tres que votaron a favor; dous os que teñen intereses urbanísiticos privados e tres; a concelleira que non asistíu e que non se sabe si non puido ou non lle interesaba o asunto.