Posts Tagged ‘partido popular’
A DEPUTACIÓN VOLVE QUERER ENGANAR AOS VECIÑOS DE MOAÑA
O BNG ven de deixar co cu ao aire ao Presidente da Deputación e ao Portavoz Municipal, José Fervenza. no seu compromiso de colaboración para a instalación de herba artificial no campo de fútbol da Granxa, de Domaio, demostrando claramente que a Deputación carece de compromiso cos veciños de Moaña e o seu portavoz é incapaz de comprometer algún investimento para o noso concello
O BNG levou ao Pleno da Deputación unha moción onde se adquiriu o compromiso de remitirlle ao concello de Moaña o convenio de colaboración para a instalación da herba artificial, no campo do Domaio, coa intención de transformar os compromisos teóricos “CONVENIO FIRMADO DE PALABRA”, que defendía o Sr Fervenza, en CONVENIOS ADMINISTRATIVOS, claros, transparentes e precisos.
Dous meses despois do compromiso adquirido o convenio non deu chegado e o concello de Moaña ante a premura de cerrar as proposta do segundo Plan E, trasladoulle o compromiso de asumir a totalidade da obra ao Domaio, C.F. mentres a Deputación seguía aducindo novamente escusas peregrinas: “antes hai que retranquear a grada, antes hai que facer os vestiarios, antes hai que facer o aparcamento, antes…”
O proxecto de mellora das instalacións do Domaio: céspede, retranqueo da grada, vestiarios… ascende a 550.000 euros, mentres que o convenio tipo que está a firmar a Deputación con diferentes concellos e clubs da provincia para a instalación de herba artificial alcanza aos 500.000 euros. A maiores do convenio tipo, a Deputación amplía os convenios con criterios claramente partidistas, e non ten reparo en realizar todo tipo de obras complementarias
|
CAMPO DE FUTBOL |
IMPORTE |
DEPUTACIÓN |
CONCELLO |
OBRAS COMPLEMENTATIAS REALIZADAS POLA DEPUTACIÓN |
|
A Veigadiña |
698.678,48 € 200.000 € |
498.678,48 € 200.000 € |
124.000 € |
Herba artificial e equipamentos Vestiarios e bancadas |
|
Rabelo (A LAMA)convenio_racelo_a_lama |
498.678,48 € |
374.678,48 € |
124.000 € |
Convenio tipo |
|
Augas Férreas ( A CAÑIZA) |
600.000 € |
500.000 € |
100.000 € |
Drenaxe do campo, canaletas, pavimentación acesos, canóns de auga… |
|
A Chanciña (CAMPOLAMEIRO)compañeiro de campolameiro |
498.678,48 € |
374.678,48 € |
124.000 € |
Convenio tipo |
|
As Cháns (VILANOVA) |
724.000 € |
600.000 € |
124.000 € |
Campo, Grada 300 espectadores |
|
Vilalonga (SANXENXO) |
1.325.000 € |
525.000 |
800.000 € |
Construción campo fútbol, acesos, gradas, canalizacións… |
Quedando demostrado que mentres a algúns nos pide a “gloria”, a santa institución da Deputación non ten reparo en realizar obras de: vestiarios, bancadas, movementos de terras, canalizacións, aparcamentos…En ningún convenio se especifica cales son as obras complementarias, salvo nos concellos doutra cor política que nunca dan satisfeito as condicións que dí o señor Louzán, que debe reunir un campo regulamentario.
Unha vez máis o señor Louzán cree que a institución que preside é unha sucursal do partido popular e nin os acordos plenarios respecta e si xa había históricas demandas reclamando a mellora das obsoletas estradas provinciais agora demostra a súa incapacidade por colaborar na mellora das infraestruturas deportivas, aínda que non ten vergonza en asistir a algún dos actos de inauguración: PISCINA MUNICIPAL, CAMPO DE FUTBOL DO CASAL, OS DOUS CAMPOS DE FUTBOL SETE, O CAMPO DE DOMAIO OU AS PISTAS DE ATLETISMO DA XUNQUEIRA.
O Sr Fervenza desaproveita unha nova oportunidade de contribuír a crear un metro cadrado de dotacións deportivas no noso concello e pásanlle por diante os 14 millóns de euros que o presidente ten de libre dispoñibilidade do Plan Provincial sen que sexa capaz de anunciar nin un só euro de investimento, salvo as premiadas “propostas peregrinas” de: “PROCESIÓN DO CARME” “ACORDO FIRMADO DE PALABRA”, “CLUB DE XUBILADOS NA LONXA DE MEIRA” ou “ESTACIÓN DE FENOSA NA VÍA RÁPIDA”. Como lle di o seu querido presidente “TODO UN FENÓMENO”
A GRATUIDADE DOS LIBROS DE TEXTO NO ENSINO OBRIGATORIO
O BNG de Moaña considera inaceptábel a supresión da gratuidade universal dos libros de texto que se tiña implantado polo goberno anterior e que se viña aplicando con resultados positivos en todo o tramo do ensino obrigatorio.
O goberno do PP ven de botar por terra o sistema de préstamo establecido até agora e lexisla un novo sistema de axudas en función da renda familiar que so establece a gratuidade para un 25 % das familias con fillos en idade de escolaridade obrigatoria.
A nova medida comezará nos dous próximos cursos para 1º, 2º, 5º e 6º de Primaria e Educación Especial. No curso 2011-12 sumaranse 1º e 3º da ESO, para pasar a cubrir todos os niveis a partir do curso 2012-13. Polo tanto o programa actual de gratuidade irá desaparecendo paulatinamente durante a implantación do novo sistema.
Sorprende que o PP trate de xustificar a medida atacando o sistema anterior por “ser excesivamente caro” cando non ten ningún escrúpulo á hora de subvencionar con cartos públicos a centros educativos de ideoloxía relixiosa ultraortodoxa que segrega ao alumnado en función do seu sexo.
É esta unha medida moi regresiva que ataca directamente ao carácter público e gratuíto do ensino. Para o BNG o ensino, entendido como servizo público, debe manter a cobertura universal da gratuidade dos libros de texto en todos os niveis de ensino obrigatorio.
É inadmisíbel que o sr. Conselleiro de educación queira xustificar a medida aludindo á situación de crise actual, xa que a mesma situación require de maior apoio económico ás familias, todo o contrario do que a medida supón.
Ante isto cabe preguntarse: Que será o próximo? Teremos que acudir ao SERGAS e en función da renda teremos que pagar as gasas, o antiséptico e o esparadrapo?
Para o BNG de Moaña a medida denunciada inclúese nos recortes educativos e sociais que o goberno do Sr. Feijoo está a aplicar nestes primeiros meses, eliminando todos os avances que se tiñan conseguido até o momento actual.
Persoeiros do Grupo Municipal do PP quítanse a careta no último Pleno.

No último Pleno da Corporación Municipal celebrado o 14 de agosto, donde quedou aprobado inicialmente o Plan Xeral de Ordenación Municipal, por unanimidade dos grupos, algúns persoeiros do Grupo Municipal do Partido Popular desenmascaránronse e deixaron ao descuberto os verdadeiros motivos do seu «amor e entrega á política».
Os concelleiros, Nahur Currás, Angel Gonzalez e José Fervenza, levantáronse dos seus escanos, según eles «por hixiene democrática» e manifestaron que non participarían na votación pois tiñan intereses urbanísticos.
Falso discurso, pois si ben a Lei de Procedemento Administrativo no seu artigo 28 fala da obrigación das autoridades e do persoal da Administración de absterse nos asuntos donde teñan intereses directos, non é só no momento da toma de decisión e polo tanto no momento de votar, a Lei dí que deben asbterse no PROCEDEMENTO e polo tanto, si tanto lle preocupaba a »hixiene democrática» estes tres persoeiros deberon de absterse de participar no debate do Plan Xeral, pero Fervenza, lonxe de preocuparlle a «hixiene democrática», participou e mesmo reivindicaba na prensa a convocatoria da comisión de seguimento do PXOM. Unha mostra máis do cinísmo e da falsa moral da dereita cavernícola.
En definitiva, os moañeses e moañesas non sabemos o que pensa o Partido Popular do Plan Xeral ou si hai tres Partidos Populares opinando:
Un, o dos tres que votaron a favor; dous os que teñen intereses urbanísiticos privados e tres; a concelleira que non asistíu e que non se sabe si non puido ou non lle interesaba o asunto.
O PP volve a xogar suxo, agora co Intercéltico
Unha vez máis o Partido Popular e o Sr. Fervenza, volven a intentar desprestixiar o labor do goberno do Concello de Moaña. Agora co Festival Intercéltico tentando atacar a organización do mesmo de forma incosciente e radical.
É curioso que nesta edición teñan o descaro de denunciar, según eles, o retraso na presentación do mesmo, o que amosa o “descerebrado” modo de actuación do grupo popular, xa que coñecen dende hai mes e medio a causa pola que se viña pospoñendo a presentación do evento e a súa publicitación, ao igual que se encargaron de filtrar a prensa todos os detalles do festival (grupos, orzamento e ubicación, dados nas diferentes comisións de Cultura (e despois din que non se dá información).
Por que non denuncian a parálise do Goberno do PP na Xunta de Galiza? , pois estase á espera dende que tomaron posesión dos seus cargos que tanto a Consellería de Cultura como a S.A. de Xestión do Plan XACOBEO confirmen a sinatura do convenio de colaboración, coma todos os anos.
Teria a esperanza o Sr. Fervenza de que non se fixera o Intercéltico?
Que esperen sentados, Moaña a pesares do PP e do Sr. Fervenza segue avanzando.
Pese ao PP, XA SE REINICIARON AS OBRAS DO PASEO MARITIMO DE DOMAIO

Pese ao Sr. Fervenza e o PP, que unha vez máis antepoñen os intereses privados dos seus «amigos» aos dos veciños e veciñas, as obras do Paseo Maritimo de Domaio, xa se reiniciaron.
Noraboa aos veciños e veciñas de Domaio que coa súa actitude desenmascararon aos peóns do PP e defenderon a continuidade dun proxecto que foi froito do consenso e da participación veciñal.
Agora só queda que o PP deixe de poñer pedras no camiño e as obras rematen canto antes para poder pasear á beira da Ría, polo Paseo Marítimo que Domaio se merece.