Posts Tagged ‘mediambente’

O PP engana ós veciños e veciñas de Domaio outra vez.

Paseo-domaio 1ª fase.Vense de recibir no Concello de Moaña unha misiva da presidenta da Autoridade  Portuaria de Vigo, onde confirma os peores augurios que se agardaban. Corina Porro , do PP, non so paralizou e suspendeu as obras de construción do paseo do aterrado de Domaio, senón que agora, ano e medio despois, pretende desentenderse do asunto e deixa a Domaio sen esta obra tan importante e agardada.

O acondicionamento da fronte marítima de Domaio fora dende sempre unha reibindicación do BNG, pola que estibo loitando  dende a construción do aterro nos anos 80. Foi no 2007 cando por fin se conseguiu o compromiso do entonces presidente da Autoridade Portuaria de Vigo para que acometese está obra tan importante en Domaio, para o cal se redactou un proxecto consensuado cos veciños e veciñas. O custe deste proxecto rondaba os 800.000 € , que  o Porto de Vigo consideraba elevado para ser acometido nunha soa anualidade, polo que se acordou dividilo en dúas anualidades. No 2008 rematouse o proxecto e no 2009 comezaron as obras da primeira fase.

Durante este tempo produciuse o cambio da presidencia do Porto de Vigo, ao que accedeu o PP con Corina Porro coas obras da primeira fase a piques de se rematar, de feito, foi a propia Corina Porro a encargada de inaugurar o novo paseo alá polo mes de Novembro daquel ano.

Ahí comezaron os problemas, cando no propio acto inaugural evitou por todos os medios facer público ningún compromiso de continuidade das obras, deixando entrever que buscaría o xeito de non continuar as obras con cargo a Autoridade Portuaria. A todo isto, o seu compañeiro de partido,  deputado autonómico, José Fervenza,  foi testigo do desplante ós veciños e veciñas de Domaio xa naquel momento sen decir nada, e mantendo un silencio  bastante delatador.

Con estes antecedentes, despois de aquel acto, foron moitas as solicitudes para manter reunións  coa Presidenta por parte da Alcaldía e asociación de veciños co fin de abordar o tema e o retraso no inicio da segunda fase do proxecto, prevista inicialmente para comezos do 2010, a resposta sempre foi dar largas e pospoñela con excusas do mais variado.

Incluso en varias ocasións a resposta ás solicitudes se fixo a través da prensa, asegurando que estaban a redactar un proxecto, ¿para que? se xa había proxecto antes da súa chegada . Claramente, o PP estaba a dilatar plazos, poñendo excusas e trabas  para o inicio destas obras, que curiosamente, desapareceron das reclamacións  cotiás do PP de Moaña. José Fervenza eliminou das súas reclamacións de melloras o paseo de Domaio, o cal xa era un indicio bastante claro do que agora acontece, que non é outra cousa que a Autoridade Portuaria se desentende deste espacio e quere traspasarlle as competencias do mesmo a  Costas do Estado co fin de non acometer as obras pendentes e comprometidas polo anterior presidente.

O PP de Moaña é complice desta situación e do engano, pois encargabanse de emitir comunicados e dar anuncios sobre esta obra que agora se demsotra que eran meros enganos encubridores do que xa debían coñecer, que Corina Porro non ía acomter esta segunda fase do paseo, cun claro fin electoralista.

Dende o BNG queremos amosar o noso malestar, e anunciamos que non deixaremos de reclamar que se cumplan os acordos acadados para o remate das obras. Proporáse no Concello de Moaña, que se a Autoridade Portuaria non acomete as obras e renuncia as competencias sobre este espacio, será o propio Concello quen o acondicione con recursos propios.

Os veciños e veciñas de Domaio non se merecen o desprecio que o PP ,a través da señora Porro, lle está amosar unha vez mais.

Pregunta no parlamento do estado español sobre a mellora ambiental da enseada de Meira

Enseada de Meira

Enseada de Meira

Mª Olaia Fernández Davila, Deputada do Grupo Parlamentario Mixto (BNG), ao amparo do disposto no artigo 185 do Reglamento da Cámara, apresenta a seguinte pregunta para a que solicita resposta por escrito relativa ao grao de execución da partida incluida nos orzamentos xerais do Estado de 2010 a mellora ambiental da enseada de Meira, en Moaña (Pontevedra)

Os orzamentos xerais do estado de 2010, inclúen, grazas a unha emenda, unha partida do Ministerio de Medio Ambente, Meio Rural e Mariño de 500.000 euros para a mellora ambiental da enseada de Meira, en Moaña. O proxecto xa estaba contemplado nos orzamentos xerais do estado para 2009, fruto dunha emenda apresentada conxuntamente polo BNG eo PSOE durante o proceso de tramitación de ditos orzamentos, pero non obstante non foi executada.

Cal é o grao de execución desta partida a día de hoxe?

Ten previsto o governo executar dita partida íntegramente no 2010?

No caso contrario, por qué motivo?

08 de Abril de 2010