
Xoves, 28 de Maio, as 20:30h. Centro Cultural Daniel Castelao. Quintela.
Intervirán:
Xosé Manuel Millán Otero
Montserrat Prado Cores
Alfredo Suarez Canal
Entradas coa etiqueta ‘eleccións’Europeas -09 MITIN DO BNG EN MOAÑALuns, 25 de Maio de 2009
Xoves, 28 de Maio, as 20:30h. Centro Cultural Daniel Castelao. Quintela. Intervirán: Xosé Manuel Millán Otero Montserrat Prado Cores Alfredo Suarez Canal Miranda: “Só se o BNG está presente en Europa serán defendidos os nosos intereses”Mércores, 20 de Maio de 2009A candidata do BNG ás eleccións ao Parlamento Europeo, Ana Miranda, subliñou hoxe que “a presenza de eurodeputados do BNG no Parlamento Europeo é a única garantía de que os intereses galegos sexan escoitados e defendidos en Bruxelas”. Ana Miranda realizou estas declaracións esta mañá no decurso dun encontro con estudantes no campus universitario de Vigo, no que tamén participou a edil do BNG e tamén candidata ao Parlamento Europeo, Iolanda Veloso.
O noso modelo é o dunha Europa máis democrática e social e máis solidaria cos países pobres”Ana Miranda asegurou que o modelo de Unión Europea que defende o BNG “é o dunha Europa máis democrática e social, máis solidaria cos países pobres, e na que os intereses de Galiza sexan defendidos. Neste sentido, lembrou que “nestes cinco últimos anos asistimos á procesión dos caladiños en Bruxelas pois Galiza estivo completamente ausente”. Por iso, a candidata nacionalista, subliñou que “só a través do BNG os intereses de Galiza serán escoitados e defendidos en Bruxelas”. Defender o transporte de ría e a nosa pesca Pola súa parte, Iolanda Veloso lembrou que “o BNG mantén determinadas posturas que co tempo van demostrando que son de sentido común, fronte a discursos alleos que non se adaptan á nosa realidade”. “Por iso –salientou- seguimos defendendo a construción dunha Europa dos Pobos, que se levante o veto a ASTANO para construír barcos, que o noso sector leiteiro e que a nosa pesca se poidan desenvolver. Neste sentido, Iolanda Veloso fixo especial mención ao transporte de Ría, “un medio respectuoso co medio ambiente e imprescindíbel para conectar a ría de Vigo, e que pola liberalización de servizos que defende a UE vai facer que desapareza, como xa está a acontecer coas conexións con Moaña” O BNG fará unha campaña intensa e participativa nas eleccións ao Parlamento EuropeoMércores, 13 de Maio de 2009![]() De esquerda a dereita, Edelmiro López Iglesias, Cosme Pombo, Iolanda Veloso, Iván Area, Guillerme Vázquez, Encarna Otero, Alberte Souto, Xavier Vence e Helena Veiguela “Galiza, nación europea, ten tanto dereito a existir e estar representado nas institucións europeas como calquera outra nación”, asegurou Ana Miranda. “E ademais a estar representada en galego”, asegurou a candidata nacionalista, quen lembrou que a súa filla fala galego, castelán, francés e neerlandés, e que “as linguas suman e non restan”.
Para Ana Miranda, o BNG preséntase a estas eleccións tamén para defender outra idea de Europa. “Onde está Europa neste tempo de crise, no que mesmo Estados Unidos está facendo políticas máis progresistas que as propias institucións comunitarias”, dixo. A que foi até agora representante “oficiosa” do BNG ante as institucións europeas e asistente parlamentar de Camilo Nogueira entre 1999 e 2004 prometeu facer unha campaña intensa, “percorrendo o país de Norte a Sur e de Leste a Oeste”. Asegurou así mesmo que os nacionalistas “faremos unha campaña tal e como somos nós: humilde, relacionada coa xente, directamente co pobo e desde logo, participativa”. O lema será “Imos a Europa, vés?”. “Seremos nós os que defenderemos o noso aire, mar e terra, defendendo tamén un país sustentábel”, aclarou. Galiza non existiu para o PP e o PSOE Asegurou, por outra parte, que o BNG non é “nin euroescéptico, nin eurooptimista” e reivindicou que o noso país defenda directamente os seus dereitos na Eurocámara. Nesa liña, fixo referencia ao período 1999-2004, no cal o BNG estivo representado através do eurodeputado Camilo Nogueira e tamén á lexislatura 2004-2009, na cal os nacionalistas galegos presentaron iniciativas mediante os partidos cos que foran coaligados. “Hai que destacar un feito, que é que Galiza apenas existiu para os eurodeputados galegos do PP e do PSOE”, dixo. “Non lembro intervencións nas que falaran das nosas realidades: dos incendios, do textil, da pizarra, das conservas, do agro, do leite”, dixo. Renegociación dos fondos estruturais Miranda lembrou que no Parlamento Europeo se renegociarán os fondos estruturais apartir do 2010 “e nós imos estar alí para defender os nosos intereses sen intermediarios, como fan os partidos que teñen a súa sede central en Madrid”. De feito, a candidata nacionalista asegurou que “a nosa sede central é esta, nós queremos relacionarnos directamente de Galiza para Bruxelas, sen pasar por Madrid”. Lembrou que en Europa se van decidir cuestións moi importantes “que afectan ás nosas vidas, como o Plan Boloña no ensino, a directiva de Servizos, ou a directiva de servizos”. E así mesmo, lembrou que o BNG non estará só no Parlamento Europeo, senón que intervirá através da súa “familia política” da Alianza Libre Europea -partido no que están integrados os nacionalismos progresistas do continente-, que forma grupo parlamentar cos Verdes. Guillerme Vázquez O portavoz nacional do BNG asegurou que esta forza política cre “na Europa da cohexión social, pero de verdade, non coma un enunciado abstracto” e reclamou políticas “que favorezan a converxencia real”. Vázquez lembrou a oposición do BNG ao tratado constitucional europeo, e que “ser crítico coas institucións comunitarias non significa ser antieuropeo”. Nesa liña, apuntou o déficit democrático que teñen as institucións de Bruxelas, ao cal mostraron o seu rexeitamento os pobos de Francia e Holanda votando non ao tratado constitucional europeo. Nesa liña, recordou a oposición do BNG a este tratado. “Cremos na Europa da cohexión territorial social, pero a de verdade, non como un enunciado abstracto sen nengunha concreción práctica”, enfatizou. E nesa liña, reclamou que se permitan desenvolver “as capacidades produtivas do noso país nos sectores naval, lácteo e pesqueiro”. Por último, Vázquez sinalou que o BNG “defende unha Europa que xogue outro papel na política internacional, que sexa favorábel á paz e non siga as políticas militaristas e defenda por tanto a libre determinación dos pobos”. Presentación da candidatura Vázquez felicitou aos candidatos e candidatas nacionalistas, que cualificou como “un elenco perfectamente preparado”. E sobre todo, destacou a “grandísima experiencia” de Ana Miranda nas institucións comunitarias. A lista do BNG estará formada por Ana Miranda, Alberte Souto, Encarna Otero, Cosme Pombo, Iolanda Veloso, Marga Vázquez Veras, Iván Area, Helena Veiguela, Marga Caldas e Xavier Vence. Como suplente estará Edelmiro López Iglesias. En breve estarán ao voso dispor todos os curriculums. |
|
BNG Bloque Nacionalista Galego en Moaña se precia de funcionar con WordPress . Tradución de egalego.com
Entradas (RSS) e Comentarios (RSS).