Posts Tagged ‘Deputación’

O BNG consegue forzar a Deputación para que remita o convenio de urbanización da estrada de Berducedo.

No pasado pleno da Deputación de Pontevedra, o deputado provincial do BNG, Daniel Rodas, volveu a insistir a través dunha moción , na necesidade de que  o señor Louzán remitise o antes posible o convenio para que dunha vez se reflectise por escrito colaboración que o  Concello de Moaña lle ofrece na urbanización da estrada a Berducedo.

Por fin, despois de moito tempo de desplantes e votacións do PP negativamente, ante a reiteración e a presión do BNG sobre este asunto, conseguiuse dar un pequeno paso mais, e que o PP votase favorablemente a esta moción. Agora queda agardar a ver canto tempo van dilatar a redación dese convenio, e o que mais importa ós veciños e veciñas de Moaña, canto tempo tardarán en elaborar o proxecto e comezar as obras.

O BNG seguirá a  reclamar as melloras na seguridade vial daquelas estradas competencia exclusiva da Deputación de Pontevedra ata que se fagan realidade «as palabras» do señor Louzán, non escatimaremos esforzos ainda que teñamos que levar mil mocións mais.

O PP rexeita redactar un proxecto para urbanizar a Estrada de Berducedo.

Unha vez mais, e como xa ocorreu en varias ocasións anteriores,  a Deputación de Pontevedra avandona ós veciños e veciñas de Moaña.

Se hai uns días anunciaban a bombo e platillo en prensa que se ían iniciar as obras de urbanización da estrada provincial EP-1101 da Moca a capela dos Miragres  nuha reunión entre Fervenza, Louzán e un «representante veciñal», resulta  que a hora de descubrir a realidade non foi mais ca un novo engano electoralista do PP de Moaña.

O BNG, a través do Deputado Provincial , Daniel Rodas presentou unha moción solicitando a redacción do proxecto íntegro de mellora para este vial, así como que  unha vez elaborado, se establecese unha partida económica e un calendario de execución para que despois fose remitido ó Concello de Moaña . Esta solicitude de acordo plenario, que resulta tan evidente e lóxica se tivesen algunha intención de acometer esta obra, resultou rexeitada polos votos en contra do grupo do PP na Deputación, o que demostra unha vez mais que o que Fervenza vende en Moaña Louzán non llo sumninistra en Pontevedra.

Ademais disto, o BNG volveu a solicitar que  Louzán envie o convenio proposto para que inicie o antes posible a urbanización do primeiro tramo do vial,da Moca ata as Pagonas, tal e como prometera xa hai  mais dun mes na súa campaña propagandistica.

O BNG quere recordar de novo, que o único tramo deste vial que xa está acondicionado  fixono o Concello de Moaña, e lembralle a o señor Fervenza  e ó  PP de Moaña , que a partida existente hai anos nos orzamentos da Deputación, de uns 350.000€ foi desviada para outras obras en concellos coma Mondariz ou Lalín, e na actualidade esa partida non foi incluída de novo nos orzamentos provinciais ¿que quere prometer agora?.

En Moaña seguimos agardando por compromisos por escrito e asinados, porque non nos valen a asinaturas «de palabra» que tanto lle gustan ó PP. Os resultados a vista están, Berducedo segue sen  contar con un vial de acceso  en boas condicións, sen proxecto e sen partida orzamentaria para acometelo.

A DEPUTACIÓN VOLVE QUERER ENGANAR AOS VECIÑOS DE MOAÑA

O BNG ven de deixar co cu ao aire ao Presidente da Deputación e ao Portavoz Municipal, José Fervenza. no seu compromiso de colaboración para a instalación de herba artificial no campo de fútbol da Granxa, de Domaio, demostrando claramente que a Deputación carece de compromiso cos veciños de Moaña e o seu portavoz é incapaz de comprometer algún investimento  para o noso concello

O BNG levou ao Pleno da Deputación unha moción onde se adquiriu o compromiso de remitirlle ao concello de Moaña o convenio de colaboración para a instalación da herba artificial, no campo do Domaio, coa intención de transformar os compromisos teóricos “CONVENIO FIRMADO DE PALABRA”, que defendía o Sr Fervenza, en CONVENIOS ADMINISTRATIVOS, claros, transparentes e precisos.

Dous meses despois do compromiso adquirido o convenio non deu chegado e o concello de Moaña ante a premura de cerrar as proposta do segundo Plan E, trasladoulle o compromiso de asumir a totalidade da obra ao Domaio, C.F. mentres a Deputación seguía aducindo novamente escusas peregrinas: “antes hai que retranquear a grada, antes hai que facer os vestiarios, antes hai que facer o aparcamento, antes…”

O proxecto de mellora das instalacións do Domaio: céspede, retranqueo da grada, vestiarios… ascende a 550.000 euros, mentres que o convenio tipo que está a firmar a Deputación con diferentes concellos e clubs da provincia para a instalación de herba artificial alcanza aos 500.000 euros. A maiores do convenio tipo, a Deputación amplía os convenios con criterios claramente partidistas, e non ten reparo en realizar todo tipo de obras complementarias

CAMPO DE FUTBOL

IMPORTE

DEPUTACIÓN

CONCELLO

OBRAS COMPLEMENTATIAS REALIZADAS POLA DEPUTACIÓN

A Veigadiña

(MOS)convenio de veigadana

698.678,48 €

200.000 €

498.678,48 €

200.000 €

124.000 €

Herba artificial e equipamentos

Vestiarios e bancadas

Rabelo

(A LAMA)convenio_racelo_a_lama

498.678,48 €

374.678,48 €

124.000 €

Convenio tipo

Augas Férreas

( A CAÑIZA)

600.000 €

500.000 €

100.000 €

Drenaxe do campo, canaletas, pavimentación acesos, canóns de auga…

A Chanciña (CAMPOLAMEIRO)compañeiro de campolameiro

498.678,48 €

374.678,48 €

124.000 €

Convenio tipo

As Cháns (VILANOVA)

724.000 €

600.000 €

124.000 €

Campo, Grada 300 espectadores

Vilalonga (SANXENXO)

1.325.000 €

525.000

800.000 €

Construción campo fútbol, acesos, gradas, canalizacións…

 

Quedando demostrado que mentres a algúns nos pide a “gloria”, a santa institución  da Deputación non ten reparo en realizar obras de: vestiarios, bancadas, movementos de terras, canalizacións, aparcamentos…En ningún convenio se especifica cales son as obras complementarias, salvo nos concellos doutra cor política que nunca dan satisfeito as condicións que dí o señor Louzán, que debe reunir un campo regulamentario.

Unha vez máis o señor Louzán cree que a institución que preside é unha sucursal do partido popular e nin os acordos plenarios respecta e si xa había históricas demandas reclamando a mellora das obsoletas estradas provinciais agora demostra a súa incapacidade por colaborar na mellora das infraestruturas deportivas, aínda que non ten vergonza en asistir a algún dos actos de inauguración: PISCINA MUNICIPAL, CAMPO DE FUTBOL DO CASAL, OS DOUS CAMPOS DE FUTBOL SETE, O CAMPO DE DOMAIO OU AS PISTAS DE ATLETISMO DA XUNQUEIRA.

O Sr Fervenza desaproveita unha nova oportunidade de contribuír a crear un metro cadrado de dotacións deportivas no noso concello e pásanlle por diante os 14 millóns de euros que o presidente ten de libre dispoñibilidade do Plan Provincial sen que sexa capaz de anunciar nin un só euro de investimento, salvo as premiadas “propostas peregrinas” de: “PROCESIÓN DO CARME” “ACORDO FIRMADO DE PALABRA”, “CLUB DE XUBILADOS NA LONXA DE MEIRA” ou “ESTACIÓN DE FENOSA NA VÍA RÁPIDA”. Como lle di o seu querido presidente “TODO UN FENÓMENO”

Estrada Moaña-Berducedo, o PP na Deputación vota en contra da súa mellora

dsc_2051O pasado día 22 de xullo dábamos conta aquí da moción presentada polo Deputado Provincial Daniel Rodas, que en definitiva propoñía :

1º.- Que se inclúa a cantidade de 2.000.000 euros para completar a urbanización do vial provincial EP-ll O1 da Moca a capela dos Miragres (O Piñeiro), con cargo aos fondos reservados no orzamento da Deputación Provincial para o acondicionamento dos seus viais.

2º.-  Que se remita de forma inmediata unha proposta de convenio ao concello de Moaña que recolla a actuación na totalidade do vial coa súa programación anual de execución.

O Partido Popular e o Sr. Louzan votaron en contra destas propostas, deixando ao descuberto que non teñen pensado para nada mellorar os  viais da súa competencia en Moaña, deixando en evidencia ao Sr. Fervenza e demais persoeiros do PP de Moaña.

Mentras tanto, o Concello de Moaña, xa rematou as obras de ensanche e urbanización no tramo dende As Barxas até a Moca.

¿Para cando teñen pensado seguir o exemplo os Sres.do PP? ¿Que excusas poñeran agora?

Mocion do BNG na Deputación pola estrada Moaña-Berducedo

A Deputación Provincial de Pontevedra, tiña comprometidos 350.000 euros con cargo ao PPCI08, para a mellora do vial provincial EP-I101 As Barxas-Berducedo. Dita consignación foi anulada no Pleno do 28 de novembro de 2008 e a incorporación do seu financiamento nos remanentes producidos por baixas de adxudicación. Este remanente aplicouse nas obras do Programa de Actuacións Complementarias seguintes: Capa de rodadura na EP 6010 A Lama-Muimenta-Ventos (Lalín-Agolada) e a obra Mellora do trazado e pavimentación da estrada provincial Pontedoval-Barciademera (Mondariz).

o Presidente comprometeuse nese mesmo Pleno a que no Orzamento do ano 2009 haberla unha partida con nome e apelidos deste vial e recoñecía a insuficiencia dos 350.000 euros para acometer a mellora do vial.

Pola contra o concello de Moaña, que estivo esperando durante dous anos a que a Deputación Provincial presentara un convenio de colaboración para a mellora e ensanche do vial, acometeu a mellora deste ata a Moca, para que non se cumpriran os prazos e non perder os cartos, ou modificalos como no caso da institución provincial.

Polo tanto si que cumpriu a súa parte do presunto convenio!!.

Polo tanto existía un marco de acordo onde o concello de Moaña, xa marcou o camiño de colaboración: urbanización dunha estrada provincial, construción de beirarrúas e mellora dos diferentes servizos: alumeado, pluviais… e onde queda pendente o compromiso, unha vez máis, do Presidente da Deputación, que permite que se trasladen aos medios de comunicacións as súas competencias e responsabilidades, o que aproveito para preguntarlle. Sr. Presidente. Que relación ten o deputado autonómico do Partido Popular D. José Fervenza, coa Deputación Provincial de Pontevedra?

Sr. Presidente: Que relación ten o portavoz da Asociación de Veciños das Pagonas, D. Antonio Pastoriza, coa Deputación Provincial?

Sr. Presidente: Estas dúas persoas actúan como portavoces do Presidente da Deputación ante os medios de comunicación?

Sr. Presidente. Que pinta un técnico da Deputación Provincial dándolle explicacións enriba do capó dun coche, ao deputado autonómico D. José Fervenza e a D. Antonio Pastoriza acompañados de ilustres personaxes do Partido Popular e dándolle ultimatums ao concello de Moaña?

Dende o BNG creemos que a política é algo máis que facerse unha foto no capó dun coche, cuns planos e dicer que estivemos cun «técnico». Abogamos por reducir estas actitudes que contribúen a confundir as institucións cos partidos políticos e os seus lexítimos representantes.

Por todo isto, o grupo provincial do B.N.G. presenta esta MOCIÓN e solicita o voto favorábel do Pleno da Corporación Provincial para a adopción do seguinte

ACORDO

Primeiro: Que se inclúa a cantidade de 2.000.000 euros para completar a urbanización do vial provincial EP-ll O1 da Moca a capela dos Miragres (O Piñeiro), con cargo aos fondos reservados no orzamento da Deputación Provincial para o acondicionamento dos seus VlaIS.

Segundo: Que se remita de forma inmediata unha proposta de convenio ao concello de Moaña que recolla a actuación na totalidade do vial coa súa programación anual de execución.