Posts Tagged ‘Berducedo’
O BNG consegue forzar a Deputación para que remita o convenio de urbanización da estrada de Berducedo.
No pasado pleno da Deputación de Pontevedra, o deputado provincial do BNG, Daniel Rodas, volveu a insistir a través dunha moción , na necesidade de que o señor Louzán remitise o antes posible o convenio para que dunha vez se reflectise por escrito colaboración que o Concello de Moaña lle ofrece na urbanización da estrada a Berducedo.
Por fin, despois de moito tempo de desplantes e votacións do PP negativamente, ante a reiteración e a presión do BNG sobre este asunto, conseguiuse dar un pequeno paso mais, e que o PP votase favorablemente a esta moción. Agora queda agardar a ver canto tempo van dilatar a redación dese convenio, e o que mais importa ós veciños e veciñas de Moaña, canto tempo tardarán en elaborar o proxecto e comezar as obras.
O BNG seguirá a reclamar as melloras na seguridade vial daquelas estradas competencia exclusiva da Deputación de Pontevedra ata que se fagan realidade «as palabras» do señor Louzán, non escatimaremos esforzos ainda que teñamos que levar mil mocións mais.
O PP rexeita redactar un proxecto para urbanizar a Estrada de Berducedo.
Unha vez mais, e como xa ocorreu en varias ocasións anteriores, a Deputación de Pontevedra avandona ós veciños e veciñas de Moaña.
Se hai uns días anunciaban a bombo e platillo en prensa que se ían iniciar as obras de urbanización da estrada provincial EP-1101 da Moca a capela dos Miragres nuha reunión entre Fervenza, Louzán e un «representante veciñal», resulta que a hora de descubrir a realidade non foi mais ca un novo engano electoralista do PP de Moaña.
O BNG, a través do Deputado Provincial , Daniel Rodas presentou unha moción solicitando a redacción do proxecto íntegro de mellora para este vial, así como que unha vez elaborado, se establecese unha partida económica e un calendario de execución para que despois fose remitido ó Concello de Moaña . Esta solicitude de acordo plenario, que resulta tan evidente e lóxica se tivesen algunha intención de acometer esta obra, resultou rexeitada polos votos en contra do grupo do PP na Deputación, o que demostra unha vez mais que o que Fervenza vende en Moaña Louzán non llo sumninistra en Pontevedra.
Ademais disto, o BNG volveu a solicitar que Louzán envie o convenio proposto para que inicie o antes posible a urbanización do primeiro tramo do vial,da Moca ata as Pagonas, tal e como prometera xa hai mais dun mes na súa campaña propagandistica.
O BNG quere recordar de novo, que o único tramo deste vial que xa está acondicionado fixono o Concello de Moaña, e lembralle a o señor Fervenza e ó PP de Moaña , que a partida existente hai anos nos orzamentos da Deputación, de uns 350.000€ foi desviada para outras obras en concellos coma Mondariz ou Lalín, e na actualidade esa partida non foi incluída de novo nos orzamentos provinciais ¿que quere prometer agora?.
En Moaña seguimos agardando por compromisos por escrito e asinados, porque non nos valen a asinaturas «de palabra» que tanto lle gustan ó PP. Os resultados a vista están, Berducedo segue sen contar con un vial de acceso en boas condicións, sen proxecto e sen partida orzamentaria para acometelo.
A Deputación de Pontevedra segue dando rodeos no proxecto de mellora da estrada de Verducedo.
Unha vez mais o PP segue a marear a perdiz no tema da mellora da estrada de Verducedo. Así levamos mais de tres anos, con anuncios, fotografías, e notas de prensa que teñen como resultado o que se ve na actualidade nese vial, é decir, nada.
O único tramo feito nese vial tivo que ser acometido polo Concello, que humanizou e dotou de beirarrúas o tramo comprendido entre a Travesía de Montenegro e a Moca, obras feitas xa vai para dous anos, agardando a que a Deputación continuase a obra , cando menos, ata o cruce das Pajonas, pero a día de hoxe a situación de abandono dese vial é o mesmo.
Agora, a escasos meses dos comicios locais, o PP de Moaña e algún «representante» veciñal, adicase a facer mais propaganda para a Deputación, decindo que o problema está na cesión dos terreos, que o problema está en que o Concello non asina un convenio, que o problema está en que o Alcalde non responde as notificacións,…. e así mais e mais mentiras que compre desmentir e descubrir.
En primeiro lugar, a cesión voluntaria da maioría dos veciños xa foi remitida antes do pasado verán ó organismo provincial, sen ter resposta algunha sobre o tema.
En segundo lugar, Louzán non remitiu ningún tipo de documentación ó Concello de Moaña referido a mellora deste vial.
En terceiro lugar, a última documentación recibida no Concello non é mais ca unha «cartiña» do director de Infraestructuras provincial, sen ningún tipo de información sobre a obra, e na que se pide un compromiso do concello para sufragar o 30% da obra.
Pois ben, ó BNG nos parece unha auténtica tomadura de pelo que se solicite un compromiso de colaboración para sufragar un proxecto do que non existe documento algún, e do que se descoñece o seu importe. ¿Canto é ese 30% de nada? ¿Que é o que se vai facer nese proxecto?¿Cantos metros son?
Louzán ten que darse conta dunha vez de que exite unha fórmula legal para levar a cabo as colaboracións, chámanse Convenios,non nos valen as famosas «firmas de palabra», e precismente , o que dende o Concello de Moaña se lle pide é que envie a documentación para asinar un convenio, con todos os datos, co seu proxecto, e con todos os detalles e compromisos de ambalas dúas institucións, toda esta parafernaria publicitaria so ten un sentido, dar rodeos para seguir igual, sen invertir nada na mellora da estrada provincial.
Estrada Moaña-Berducedo, o PP na Deputación vota en contra da súa mellora
O pasado día 22 de xullo dábamos conta aquí da moción presentada polo Deputado Provincial Daniel Rodas, que en definitiva propoñía :
1º.- Que se inclúa a cantidade de 2.000.000 euros para completar a urbanización do vial provincial EP-ll O1 da Moca a capela dos Miragres (O Piñeiro), con cargo aos fondos reservados no orzamento da Deputación Provincial para o acondicionamento dos seus viais.
2º.- Que se remita de forma inmediata unha proposta de convenio ao concello de Moaña que recolla a actuación na totalidade do vial coa súa programación anual de execución.
O Partido Popular e o Sr. Louzan votaron en contra destas propostas, deixando ao descuberto que non teñen pensado para nada mellorar os viais da súa competencia en Moaña, deixando en evidencia ao Sr. Fervenza e demais persoeiros do PP de Moaña.
Mentras tanto, o Concello de Moaña, xa rematou as obras de ensanche e urbanización no tramo dende As Barxas até a Moca.
¿Para cando teñen pensado seguir o exemplo os Sres.do PP? ¿Que excusas poñeran agora?
