A alternativa que te defende

O BNG DENUNCIA O TRATO DESIGUAL NA ESTRADA DE BERDUCEDO
Para poder asinar o convenio de mellora e ampliación da estrada provincial das Barxas a Berducedo, coa Deputación Provincial o anterior goberno municipal tivo que poñer a disposición da entidade provincial os terreos necesarios para poder levar a cabo a ampliación e mellora do vial: ancheamento, beirarrúas, iluminación, etc, etc  Presentando 37 cesións voluntarias dos veciños para que se puidera anchear o vial segundo o proxecto redactado e aprobado pola Deputación, quedando pendentes unicamente 7 cesións, que o actual goberno, de José Fervenza,  tivo que xestionar.

A estas altura, o BNG ten que felicitar publicamente ao Sr Fervenza por conseguir que por fin a súa irmán realizara a cesión da súa parcela, que con anterioridade xa realizaran a maioría dos veciños e veciñas.

É unha gran noticia, pero chámanos poderosamente a atención que o compromiso que adquiriu o alcalde no Pleno e con determinados colectivos veciñais, “de que ían a ceder todo o mundo por igual e non ía haber favoritismo”, non se están levando a cabo, dado que xa se pode comprobar sobre o terreo que a obra non se axusta ao proxecto inicial, que determinados “protexidos” salvan a súa parcela cargándolle aos de enfronte toda a cesión obrigatoria, ou que determinados “destacados membros excelsos do comité de campaña”, quedan atrás na cesión que tiñan comprometida ao darse conta de que a obriga e o compromiso non é igual para todos, de que existe favoritismo.

E non é que o diga o BNG, é que calquera veciño ou veciña pode comprobar sobre o terreo as marcas vermellas, pintadas pola empresa adxudicataria das obras, por onde debía ir o trazado e por onde vai realmente.

E moito nos tememos que este modelo de xestión traía consigo que algún tramo dos “protexidos”, non vai acadar o ancho que contempla o proxecto.

PARABÉNS AO CORRELINGUA DO MORRAZO
Dende o  BNG de Moaña queremos felicitar a todos os nenos e nenas que participaron o pasado luns no Correlingua do Morrazo que, na defensa do noso idioma, este ano encheron as rúas de Moaña coa súa alegría e coas palabras máis fermosas do galego. Case dous mil participantes, acompañados por mestres e mestras,  puxeron de manifesto, na  Festa da Lingua,  que o galego importa.

Queremos recoñecer o esforzo a todas aquelas persoas e institucións que colaboran e  fan posible o Correlingua cada ano e dar os nosos parabéns aos organizadores e aos colexios polo éxito, sabedores  do esforzo que supón, non só organizar un evento de tan alta participación, senón tamén financialo  neste momento no que a subvención aos centros educativos para actividades de fomento e dinamización da lingua galega  foi reducida en máis do 70%.

Mostramos o noso recoñecemento ás ANPAS, Comunidades de Montes e ás familias do alumnado pola súa implicación na defensa do noso idioma  e pola súa colaboración no financiamento para que os nenos e nenas do Morrazo  puidesen gozar deste día no noso concello.

Tamén queremos felicitar ao grupo Pesdelán, por poñer en valor a nosa cultura e o noso idioma, facéndoos chegar aos nenos e nenas a través da súa música e das súas danzas.

Só lamentamos  a falta de implicación económica por parte do goberno de Moaña no Correlingua, este ano que a organización apostou por traer a Festa da Lingua ao noso concello. Decidiron non asumir o custe da megafonía como o fixeron outros concellos e non entendemos que se negasen a pagar o transporte aos colexios de Moaña que o necesitaban para poder asistir ás actividades, como se fixo os anos anteriores cando o Correlingua tivo lugar noutros concellos dentro e fóra da comarca. Nesta ocasión o custe do transporte deberon asumilo na súa maior parte as familias o que fixo que houbese nenos e nenas que non puidesen participar deste acontecemento.

O motivo que alegou o goberno para non financiar estas actividades foi a falta de orzamento, co que xa empezamos a ver as consecuencias da denegación da subvención de normalización.

O BNG ESIXE A PARALIZACIÓN DO ASFALTADO DA CARBALLEIRA DE BRONLLE
A última agresión que intenta levar a cabo este desgoberno do Partido Popular en Moaña, consiste no pavimentado dun carreiro rústico que discorre por medio e medio da carballeira de Bronlle. Un espazo forestal, protexido, que os veciños e veciñas de Meira levan anos reclamándolle ao Obispado para uso comunitario e que o Plan Xeral protexe como zona verde, onde durante anos se desenvolveu a Festa de Bronlle e onde os veciños pelexaron e retiraron os atrancos que o clero puxo para prohibir o seu libre paso.

O señor Fervenza aínda non se decatou de que en Moaña,  a política do “piche”, xa quedou no século pasado. Na última década asfaltáronse os principais viais do concello, ancheáronse as estradas, fixéronse as beirarrúas, colocouse iluminación, bancos, xardineiras e sempre cumprindo  escrupulosamente as normas que marca o PXOM, e con dignidade, sen necesidade de acudir ao vasalaxe do Sr. Louzán.

Ante esta incapacidade por manter ou mellorar a herdanza que outros lle deixamos, está a desenvolver unha práctica “tercermundista”, de clientelismo político co “piche da Deputación” e poder ir facendo pequenas cacicadas, vencelladas directamente con afiliados ou simpatizantes desta formación política. A última, asfaltar o sendeiro, e o espazo protexido da carballeira de Bronlle.

Esta é a política urbanística sen ideas, sen respecto polo medio ambiente do Partido Popular, que non ten reparo en tirar co asfalto polos carreiros e as carballeiras, mentres ao outros camiños, como o do Caeiro se lles nega o ancheado. E o máis sangrante é que estas falcatruadas, este tirar cos cartos, as levan a cabo coa maquinaria e persoal da Deputación Provincial de Pontevedra, cos cartos de todos os contribuíntes, ao servizo partidista.

Un espazo emblemático, a carballeira de Bronlle, moi querida e respectado polos veciños, que estes “populares” agreden querendo convertelo nunha carballeira para coches. Un mal entendido progreso que José Fervenza e Ángel González utilizan, crendo que co piche se pode tapar toda a súa miopía política.

O BNG esíxelle a José Fervenza que pare esta agresión, que respecte o Plan Xeral, que sexa digno cos veciños de Meira e que protexa este  pequeno espazo de carballos, último reduto do que foi a Devesa Real, antiga carballeira do coto de Meira. Que levante a zahorra, retire a maquinaria da Deputación, e  que acondicione o carreiro tradicional como unha senda peonil.

Do contraro, poremos estes feitos en coñecemento da Consellería de Medio Ambiente para vergonza e escarnio da Deputación e do propio concello que utilizan os cartos públicos para agredir o noso patrimonio forestal.

Pleno de Moaña do 23/02/2012 Punto 5

OS APARCAMENTOS DE JOSÉ FERVENZA
No mes de agosto de 2011, aparecía nos medios de comunicación a noticia: “Moaña dotará ao Rosal de un gran aparcamiento” “Fervenza habilitará un parking en superficie, cerca de la piscina municipal” “Logró el permiso de los propietarios del terreno, ubicado detrás del pabellón  de O Rosal”

O BNG, coincide có Sr. Fervenza en que esa é unha zona que creceu moito nos últimos anos en servizos e dotacións públicas. As corporacións anteriores, presididas polo Sr. Millán, que tiñan un modelo claro de desenvolvemento urbanístico ao servizo dos veciños e veciñas, levou a cabo a posta en funcionamento de diversas instalacións públicas como o centro de AFAMO, a piscina municipal, a Casa da Mocidade, e o centro de Odontoloxía e Fisioterapia. Gobernos que se dedicaron durante os últimos 8 anos a traballar calada e continuamente e  non a vender grandes aparcamentos antes de realizalos.

En outubro de 2011, o Sr Fervenza volvía anunciar: “Moaña, abrirá un parking de 20.000 m² no Rosal. OAlcalde xestionou o uso cos propietarios e a cambio o Concello encargase de xestionalo e mantelo”

O BNG, ven de preguntarlle tanto en Comisión, como nos Plenos de febreiro e de abril ao Sr. Fervenza sobre as xestións realizadas e os compromisos para levar a cabo esta actuación, decatándonos de que é unha nova “fervenzada”: non hai nada, de nada!

Non nos convenceu a explicación surrealista que nos transmitiu: que o propietario era de Madrid e custaba moito falar con el. E o que é peor, non consta en secretaría municipal ningún documento que acredite unha proposta entre o Concello e os particulares para conseguir terreo para a construción dun aparcamento público.

A día de hoxe a realidade é que novamente mentiu, anunciando unha obra e uns compromisos que non existen. Fala de algo que non é verdade. Anunciou unhas xestións e un compromiso de algo que non ten concretado. Falaba, con total descaro da creación de 300 aparcamentos na zona do Rosal, pero a verdade é que nos dez meses que leva no goberno non creou nin unha sola praza pública de aparcamento.

Fervenza engana ao veciños e veciñas, míntelle a Corporación e presenta unha nula xestión.

Cremos que o pobo de Moaña comeza a sentir vergonza de ter un alcalde mentirán, baralleiro e botafumeiro. Un alcalde accidental que sustenta a súa incapacidade de xestión na promesa continua, que ao pouco, acaba esborrallándose e quedando na máis absoluta ridiculez.