Arquivo para ‘Sen categorizar’ Categoría

A recuperación do litoral de Moaña


Candidatas e candidatos menores de 35 anos

  • Leticia Santos Paz, licenciada en Dirección e Xestión de Empresas. Abelendo.<
  • Alberto Juncal Iglesias, enxeñeiro en Telecomunicacións. A Seara – Moaña.
  • Araceli Gestido Rodríguez, licenciada en Ciencias Políticas. A Ameixoada.
  • Miguel Piñeiro Cancelas, diplomado en Enfermería e enfermeiro. Domaio.
  • María Martínez Nogueira, licenciada en Bioloxía, profesora de Ensino Secundario. O Caeiro – O Rosal.
  • Abel Pérez Guardado, técnico informático. A Marrúa.
  • Antía Costas Cabeiro, estudante de Arte Dramática. O Real – Tirán
  • Martina García González, mariñeira. A Lameira – Quintela.

Candidatos e candidatas que van na candidatura do BNG de Moaña por primeira vez

 

  • Leticia Santos Paz, licenciada en Dirección e Xestión de Empresas. Abelendo.
  • Manuel Caeiro Muñoz, médico oncólogo. O Fuxón – Tirán.
  • Araceli Gestido Rodríguez, licenciada en Ciencias Políticas. A Ameixoada.
  • Miguel Piñeiro Cancelas, diplomado en Enfermería e enfermeiro. Domaio.
  • María Martínez Nogueira, licenciada en Bioloxía, profesora de Ensino Secundario. O Caeiro – O Rosal.
  • Alberto Juncal Iglesias, enxeñeiro en Telecomunicacións. A Seara – Moaña.
  • María Teresa Costa Olivera, administrativa, O Real – Tirán.
  • José Martínez Cancelas, mariñeiro. As Raíñas – Meira.
  • Antía Costas Cabeiro, estudante de Arte Dramática. O Real – Tirán
  • Xosé Manuel Ríos Durán, traballador do sector naval. Abelendo.

O BNG solicitará unha convocatoria urxente do Consello de Ministros da Unión Europea para incrementar as cotas de pesca asignadas a nosa flota

O BNG ven de manter, hoxe sábado, unha xuntanza co sector da pesca da baixura da Comarca do Morrazo para analizar a grave problemática na que está inmersa esta flota como consecuencia das  últimas asignacións de cuotas por parte da Unión Europea. Unha política de cuotas que, de non corrixir esta situación, terá como consecuencia a desaparición da flota de baixura nun breve espazo de tempo. Co actual reparto de cotas, a flota do cerco leva amarrada desde o pasado luns e a flota do arrastre-litoral está a punto de ter que amarrar.

No é admisíbel que á reunión do Consello de Ministros da Unión Europea, celebrada en decembro do pasado ano, asista a defender os intereses da nosa flota un representante da Comunidade Autónoma de Estremadura. Isto pon de manifesto, e xa non é a primeira vez, o escaso, por non dicir nulo interés, que para o goberno do Estado Español ten a nosa pesca. Recordamos que ao remate daquela reunión tanto os representantes do goberno español como os representantes do goberno galego calificaron de éxito e “satisfactorias” os resultados das negociacións.

Na reunión de hoxe, na que estiveron presentes Daniel Rodas, Deputado Provincial e Concelleiro de Medio Ambiente no Concello de Moaña e Bieito Lobeira, Deputado no Parlamento Galego, os representantes do Bloque fixéronse partícipes da  indignación e malestar do sector e puxéronse a súa disposición para empezar a promover e propoñer medidas encamiñadas a reconducir esta situación.

Algunhas destas medidas pasan, entre outras e de maneira urxente, por solicitar  a convocatoria urxente dun Consello de Ministros da Unión Europea para incrementar as cotas de pesca asignadas a nosa flota. Demandar a presenza de Galiza nesas negociacións, elaboración de estudos científicos que fundamenten a existencia de stocks suficientes, e mellorar e desenvolver os mecanismos de consulta e traslado de información entre as administracións e os afectados.


A Deputación de Pontevedra segue dando rodeos no proxecto de mellora da estrada de Verducedo.

Unha vez mais o PP segue a marear a perdiz no tema da mellora da estrada de Verducedo. Así levamos mais de tres anos, con anuncios, fotografías, e notas de prensa que teñen como resultado o que se ve na actualidade nese vial, é decir, nada.

O único tramo feito nese vial tivo que ser acometido polo Concello, que humanizou e dotou de beirarrúas o tramo comprendido entre a Travesía de Montenegro e a Moca, obras feitas xa vai para dous anos, agardando a que a Deputación continuase a obra , cando menos, ata o cruce das Pajonas, pero a día de hoxe a situación de abandono dese vial é o mesmo.

Agora, a escasos meses  dos comicios locais, o PP de Moaña e algún «representante» veciñal, adicase a facer mais propaganda para a Deputación, decindo que o problema está na cesión dos terreos, que o problema está en que o Concello non asina un convenio, que o problema está en que o Alcalde non responde as notificacións,…. e así mais e mais mentiras que compre desmentir e descubrir.

En primeiro lugar, a cesión voluntaria da maioría dos veciños xa foi remitida antes do pasado verán ó organismo provincial, sen ter resposta algunha sobre o tema.

En segundo lugar, Louzán non remitiu ningún tipo de documentación ó Concello de Moaña referido a mellora deste vial.

En terceiro lugar, a última documentación recibida no Concello non é mais ca unha «cartiña» do director de Infraestructuras provincial, sen ningún tipo de información sobre a obra, e na que se pide un compromiso do concello para sufragar o 30% da obra.

Pois ben, ó BNG nos parece unha auténtica tomadura de pelo que se solicite un compromiso de colaboración para sufragar un proxecto do que non existe documento algún, e do que se descoñece o seu importe. ¿Canto é ese 30% de nada? ¿Que é o que se vai facer nese proxecto?¿Cantos metros son?

Louzán ten que darse conta dunha vez de que exite unha fórmula legal para levar a cabo as colaboracións, chámanse Convenios,non nos valen as famosas «firmas de palabra», e precismente , o que dende o Concello de Moaña se lle pide é que envie  a documentación para asinar un convenio, con todos os datos, co seu proxecto, e con todos os detalles e compromisos de ambalas dúas institucións,  toda esta parafernaria publicitaria so ten un sentido, dar rodeos para seguir igual, sen invertir nada na mellora da estrada provincial.