Arquivo para ‘Politica Local’ Categoría

FERVENZA MEDIANDO NAS REUNIÓNS SOBRE O POLÍGONO DA CRUZ DA MACEIRA?

Pedimos que o Sr. Fervenza aclare dunha vez por todas en calidade de que actúa no asunto do Polígono Industrial da Cruz da Maceira, se como alcalde ou como promotor deste solo, porque son cousas incompatibles.

Como consta nas actas municipais o agora alcalde José Fervenza e o concelleiro Ángel González abstivéronse de votar en dúas ocasións o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) por ter intereses urbanísticos na Cruz da Maceira. Neste momento debe aclarar se eses intereses seguen a existir, para saber se na mediación no conflito entre empresarios e comuneiros está a defender os propios intereses ou os dos veciños e veciñas de Moaña. Aínda que parece que a súa posición está clara cando se pon do lado dos empresarios e non dos comuneiros.

Esiximos que se invite aos membros da oposición ás reunións que se leven a cabo en relación ao Polígono Industrial da Cruz da Maceira, xa que o Sr. Alcalde non representa á tódolos moañeses, nin sequera á maioría e a quen si representa é á asociación de promotores, da que foi fundador e segue a ser membro.

Advertímoslle que imos facer un seguimento da mediación que está a facer neste asunto, xa que está actuando ao límite da legalidade!


O ABANDONO DO BEQUE

O BNG xa o advertía nos últimos plenos da Corporación. O tempo pasa inexorablemente e a estas alturas non só está estragada a Semana Santa, pois é materialmente imposible poñer o Beque a funcionar, senón que tamén vemos en perigo a tempada de verán, coa apertura do camping e piscina incluída. O complexo deportivo-lecer do Beque está composto de albergue, camping, restaurante, pistas de tenis, frontón, pistas deportivas, parque infantil, zona de recreo, depuradora de macrófitas, piscina, etc… e a estas alturas, segundo recoñecía o Delgado de Deportes, na Comisión Informativa, aínda están vendo de levar a cabo un estudo económico-financeiro de viabilidade para as instalacións.

Comprometeuse o Sr. Santomé e tamén o fixera o Sr Fervenza con anterioridade, a tomar as medidas oportunas para por a funcionar as instalacións cara esta nova tempada 2012, e poñelas ao servizo dos moañeses e moañesas. Pasa o tempo, e a realidade é que: non hai nada!

As instalacións seguen aí, abandonadas. As pistas cheas de follas das árbores. As papeleiras desbordadas, co lixo e as botellas polo chan. O contenedor do lixo medio tumbado. A depuradora sen o tratamento de mantemento anual, nun estado lamentable. A piscina chea de auga estancada, sen limpar. A herba se cortar. O camping sen acondicionar, o xerador sen reparar, a maquinaría da piscina sen mantemento e sen ter realizado as analíticas pertinentes, é dicir: todo abandonado!

O Beque é un lugar espectacular cunhas instalacións magníficas onde nos últimos anos se viñan desenvolvendo actividades deportivas, campamentos xuvenís, espazo de recreo do Roteiro da Fraga, encontros internacionais de ioga, competicións de tenis…

Pedímoslle ao goberno municipal do Sr Fervenza, compromiso real  có Beque e que deixe de dilatar máis esta situación. E mentres  no resolven nada, que se adopten as medidas oportunas para limpar, coidar e levar a cabo as reparacións e revisións necesarias das instalacións do complexo deportivo-lecer de O Beque.

 Traballen algo, que se están a estragar as instalacións municipais que tanto traballo deu recuperar, coidar e dinamizar!


A CASA DA MOCIDADE PECHADA

Toda a semana pasada e o que levamos desta permaneceu pechada a Casa da Mocidade de Moaña. Os moitos veciños e veciñas que ata alí se achegaron durante estes dez días atopáronse co horario habitual colgado na porta, pero coa porta pechada e ningún tipo de aviso que explicase a causa do peche , nin indicación de cando se retomaría o servizo nesta instalación municipal.

Isto ademais acontece nun momento de especial necesidade, xa que coincide coa apertura do prazo de presentación de solicitudes para os campamentos de verán, que debe facerse na Casa da Mocidade, o que aumenta de xeito importante a afluencia ao lugar.

Estes son os campamentos ofertados pola Xunta e a Deputación Provincial e o período no que se debe facer a solicitude de praza:

  • XUNTA DE GALICIA. CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR: Acción de Verán. 

Prazo de presentación de solicitudes: do 6 ao 20 de marzo.

  • DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA: CAMPAMENTOS A LANZADA 2012:

Prazo de presentación de solicitudes: do 1 ao 30 de marzo.

Sendo evidente que xa se reduciu á metade o prazo de inscrición, ao estar pechada a Casa da Mocidade, non nos sorprenden as numerosas queixas dos veciños e veciñas que se atopan un día tras outro coa porta pechada e sen ningunha explicación.

Consideramos que a decisión do goberno municipal de non substituír á persoa encargada da Casa da Mocidade e de manter esta instalación fóra de servizo  é  equivocada  e que se agrava aínda máis ao producirse nun momento tan importante e sen información aos usuarios e usuarias.

 


CAMPIÓN!!!

Nin poñemos nin quitamos. Só repetimos o que lemos. Que ninguén vaia pensar que inventamos.

Saíu o mércores 7 de marzo nun periódico de Madrid, que vende moitos exemplares. (O noso alcalde preocupándose por facer propaganda de Moaña para atraer turistas):

 “El propio Hernández (Agustín, conselleiro de Medioambiente) se reunió el 6 de abril de 2011 con Carlos Monjero, mano derecha de Dorribo e imputado por la juez. Primero, en la cafetería de la Xunta y, a continuación, en las dependencias de la consejería, mientras eran objeto de un seguimiento por funcionarios de la Agencia Tributaria. La entrevista, a la que asistió un representante de la constructora Ferrovial, resultó “muy bien”, según afirmó después Monjero, con el teléfono pinchado. Una semana después, el hombre de Dorribo recibió la llamada de la directora general de Infraestructuras, Ethel Vázquez, para comunicarle la firma de un contrato para una carretera en Moaña (Pontevedra) –a reforma do cruce da baixada á Marrúa desde a estrada de Marín a O Con-, y le solicitó un favor electoral: que avisara del inminente inicio de las obras al candidato del PP a la alcaldía (agora o noso alcaldaso), en vísperas de las municipales de 2011”.

E o xoves 8 de marzo, noutro periódico de Vigo, que tamén vende moitos exemplares. Podedes comprobar que di unhas cousas, cala outras e ao final non se entende nada: vamos, o estilo informativo dese periódico que todos coñecemos:

EMPRESAS PACTARON SUS OFERTAS PARA QUE LA XUNTA DIESE UNA OBRA A LA TRAMA (DE DORRIBO)

El sumario del caso Campeón revela el pacto fraguado por una empresa de la trama de Dorribo, Novolar, con otras dos constructoras para garantizar que la Xunta le adjudicase una obra en 2011: la mejora de un tramo de la PO-313 entre Marín y Cangas. El resultado de la investigación por parte de la Agencia Tributaria llevó a solicitar la imputación de Carlos Monjero, socio de Novolar y consejero de Proitec, y a Javier Rodríguez Díaz, también socio de Monjero, así como a otro de los empresarios que pujó por la obra: José Antonio Silveira Sánchez, de la empresa de Meirama Construcciones y Obras José Antonio. Hacienda concluye que los tres colaboraron para que “de forma ilícita” se concediese a Novolar la obra de 198.958 euros (antes da modificación do proxecto: despois xa ninguén sabe canto valeu).

Lo curioso de las tres ofertas presentada –Novolar, Construcciones Sanle Lugo y Construcciones y Obras José Antoniio- es que la diferencia económica entre la que ganó la puja y las otras dos es de apenas mil euros, lo que permitió a Novolar hacerse con el proyecto al recibir 20 puntos frente a solo uno de las otras dos sociedades.

A Hacienda le llama “poderosamente la atención” la similitud entre las ofertas presentadas por las empresas descartadas. “No en el contenido, sino por el mismo tipo de letra, mismo tamaño, mismos márgenes y sobre todo, mismo espacio entre el primer párrafo y el recuadro central”, recoge el sumario al tiempo que advierte de que “echa en falta algún tipo de sello en la propuesta económica de Construcciones y Obras José Antonio”, de Meirama. La conclusión de la investigación es tajante: “Todo indica que la redacción pudiera haberla realizado uno de los dos licitantes”.

En su declaración en Vigilancia Aduanera, el empresario José Antonio Silveira Sánchez duda de que la firma que aparece en el proyecto con el que pujó su constructora sea la suya. Silveira reconoce de palabra que entre empresas del sector es habitual llamarse unas a otras para que una presente presupuestos ante terceros a sabiendas de que la oferta es peor que la que presenta el que pide esta gestión. Suelen pedir el favor alegando que “la obra ya la tienen encaminada”, relató a Aduanas”.

 E o día 9 de marzo o dixital Praza Pública –deste si podemos dar o nome- que explica mellor a maneira de voar das javotas:

“Dentro das pesquisas en torno ás adxudicacións a Proitec, presuntamente logradas a través da “intersección” de Cobián, os investigadores sinalan no sumario que os “sorprende” a chamada “rexistrada o 13 de abril de 2011” na que Carlos Monjero, colaborador de Dorribo, “recibe chamada da directora de Infraestruturas, Ethel Vázquez, “que di que o chama pola obra de Moaña, a PO313, que asinaron o contrato hoxe pero ten data do día 12 –un día antes”. “Hai que comezar canto antes e poñer os carteis”, recolle o sumario da conversa intervida polos axentes de Vixilancia Aduaneira.

Na mesma conversa, Ethel Vázquez “pregúntalle” a Monjero “se lle pode dicir ao candidato do PP” na localidade, o daquela tamén deputado José Fervenza, que a obra comeza “para a Semana Santa” e Monjero dille que si. “A sorpresa da chamada –explica o informe- xa non é pola adxudicación da obra, tema que se vén investigando nas presentes dilixencias e que presuntamente tería sido concedida de forma ilícita, senón pola pregunta que lle fai a suposta directora de Infraestruturas”. “Considérase que este candidato do PP podería ser o que se presentaría ás eleccións no municipio de Moaña, para que fixese o anuncio da obra con carácter electoralista” (COMO ASÍ FIXO!). Actualmente, Fervenza é o rexedor moañés”.

En fin, non fan falta comentarios. O que sempre pensamos e nunca nos atevemos a dicir: FERVENZA, CAMPIÓN!!!

E tamén por fin nos enteiramos para que servía a ampliación da PO-313 no tramo do cruce da Marrúa. Para evitar accidentes, se alí nunca houbo un accidente? Pero a obra quedou guapa, guapa, guapa. Se ata a coñecen en Madrid!


AS BOLAS DO SEÑOR ALCALDE

Lendo a prensa da última semana de febreiro do 2012 dan ganas de facer santo a Fervenza. É un superheróe; é o noso ídolo: o mesmo vale para negociar coa banca como para ter liña directa co presidente da xunta na intimidade.

Entón é cando xurden as dúbidas. Será certo todo o que conta certa prensa? Porque se les outra, as cousas xa non se contan igual. Refírome, por suposto, á primeira cuestión: a dación en pago pola que “supostamente” mediou o sr. Fervenza, alcaldaso de Moaña. Unha vez extendida a rede de investigación do BNG, recollidas e filtradas varias conversas de móbil e despois de confirmalo con fontes solventes no ladaveiro da Martinga e con tres que collían auga en Fontecán, RESULTA QUE PUIDEMOS CONFIRMAR sen que haxa lugar a dúbidas, que A DACIÓN EN PAGO XA ESTABA CONCEDIDA POLO BBVA DESDE HAI UN MES E O CLIENTE FORA AVISADO DESDE OS SERVIZOS CENTRAIS DO BANCO.

E agora facémonos a seguinte pregunta: que foi a nejosiar Fervenza? Sería só para facerse unha foto, cando sabía de antemán que non tiña nada que arriscar porque a cousa xa estaba amañada?

É triste a demagoxia, sobre todo se alguén se aproveita para facerse publicidade coa desgraza allea e con temas que están tan candentes nos medios de comunicación. E tamén é triste comprobar como hai medios que lle colleron gusto a repartir as bolas que Fervenza vai deitando, despois de comprobar unha vez e outra que sempre os deixa en bolas.

E sobre o “contubernio da Orensana”, por moito que largara o domingo que el e o da jasiosa estiveron preocupándose toda a tarde pola saúde dos moañeses, dinos unha javiota con plumas de pejo que ná de ná… Nin saúde, nin autovía, nin circunvalacións. Estiveron falando do que hai que falar, de lo nuestro –cada un do seu, está claro: Frijolito da salú que vai ter o PP no Morrazo cando chegue outubro, e Fervenza de algo que se non se amaña vanlle cortar a cabeza. (Isto último non o dicimos nós nin o dixo a javiota peja: díxoo o noso alcaldaso no último pleno e quedou tan ancho).

Pois nada, alcaldaso, ti a facerte fotos que son gratis. E o BNG a destaparche os teus embolados.