Arquivo da categoría ‘Politica Local’
Venres, 5 de Febreiro de 2010
O BNG, ven de presentar unha pregunta no parlamento galego, co fin de solucionar a problemática suscitada polos usuarios de transporte de ría. Os nosos parlamentarios fieron constar a queixa reiterada da Federación de Veciños de Moaña A Chamusca , que consideran unha falta de respecto para os usuarios/as manter pechada a estación marítima de Moaña, unha intraestructura en boas condicións, mentres hai usuarios/as que teñen que estar á chuva mentres esperan o barco.
Adxuntamos o documento: pregunta parlamentaria estación marítima moaña.pdf
Publicado en Información Nacional, Politica Local | Non hai comentarios »
Luns, 1 de Febreiro de 2010
O BNG ven de deixar co cu ao aire ao Presidente da Deputación e ao Portavoz Municipal, José Fervenza. no seu compromiso de colaboración para a instalación de herba artificial no campo de fútbol da Granxa, de Domaio, demostrando claramente que a Deputación carece de compromiso cos veciños de Moaña e o seu portavoz é incapaz de comprometer algún investimento para o noso concello
O BNG levou ao Pleno da Deputación unha moción onde se adquiriu o compromiso de remitirlle ao concello de Moaña o convenio de colaboración para a instalación da herba artificial, no campo do Domaio, coa intención de transformar os compromisos teóricos “CONVENIO FIRMADO DE PALABRA”, que defendía o Sr Fervenza, en CONVENIOS ADMINISTRATIVOS, claros, transparentes e precisos.
Dous meses despois do compromiso adquirido o convenio non deu chegado e o concello de Moaña ante a premura de cerrar as proposta do segundo Plan E, trasladoulle o compromiso de asumir a totalidade da obra ao Domaio, C.F. mentres a Deputación seguía aducindo novamente escusas peregrinas: “antes hai que retranquear a grada, antes hai que facer os vestiarios, antes hai que facer o aparcamento, antes…”
O proxecto de mellora das instalacións do Domaio: céspede, retranqueo da grada, vestiarios… ascende a 550.000 euros, mentres que o convenio tipo que está a firmar a Deputación con diferentes concellos e clubs da provincia para a instalación de herba artificial alcanza aos 500.000 euros. A maiores do convenio tipo, a Deputación amplía os convenios con criterios claramente partidistas, e non ten reparo en realizar todo tipo de obras complementarias
|
CAMPO DE FUTBOL
|
IMPORTE
|
DEPUTACIÓN
|
CONCELLO
|
OBRAS COMPLEMENTATIAS REALIZADAS POLA DEPUTACIÓN
|
|
A Veigadiña
(MOS)convenio de veigadana
|
698.678,48 €
200.000 €
|
498.678,48 €
200.000 €
|
124.000 €
|
Herba artificial e equipamentos
Vestiarios e bancadas
|
|
Rabelo
(A LAMA)convenio_racelo_a_lama
|
498.678,48 €
|
374.678,48 €
|
124.000 €
|
Convenio tipo
|
|
Augas Férreas
( A CAÑIZA)
|
600.000 €
|
500.000 €
|
100.000 €
|
Drenaxe do campo, canaletas, pavimentación acesos, canóns de auga…
|
|
A Chanciña (CAMPOLAMEIRO)compañeiro de campolameiro
|
498.678,48 €
|
374.678,48 €
|
124.000 €
|
Convenio tipo
|
|
As Cháns (VILANOVA)
|
724.000 €
|
600.000 €
|
124.000 €
|
Campo, Grada 300 espectadores
|
|
Vilalonga (SANXENXO)
|
1.325.000 €
|
525.000
|
800.000 €
|
Construción campo fútbol, acesos, gradas, canalizacións…
|
Quedando demostrado que mentres a algúns nos pide a “gloria”, a santa institución da Deputación non ten reparo en realizar obras de: vestiarios, bancadas, movementos de terras, canalizacións, aparcamentos…En ningún convenio se especifica cales son as obras complementarias, salvo nos concellos doutra cor política que nunca dan satisfeito as condicións que dí o señor Louzán, que debe reunir un campo regulamentario.
Unha vez máis o señor Louzán cree que a institución que preside é unha sucursal do partido popular e nin os acordos plenarios respecta e si xa había históricas demandas reclamando a mellora das obsoletas estradas provinciais agora demostra a súa incapacidade por colaborar na mellora das infraestruturas deportivas, aínda que non ten vergonza en asistir a algún dos actos de inauguración: PISCINA MUNICIPAL, CAMPO DE FUTBOL DO CASAL, OS DOUS CAMPOS DE FUTBOL SETE, O CAMPO DE DOMAIO OU AS PISTAS DE ATLETISMO DA XUNQUEIRA.
O Sr Fervenza desaproveita unha nova oportunidade de contribuír a crear un metro cadrado de dotacións deportivas no noso concello e pásanlle por diante os 14 millóns de euros que o presidente ten de libre dispoñibilidade do Plan Provincial sen que sexa capaz de anunciar nin un só euro de investimento, salvo as premiadas “propostas peregrinas” de: “PROCESIÓN DO CARME” “ACORDO FIRMADO DE PALABRA”, “CLUB DE XUBILADOS NA LONXA DE MEIRA” ou “ESTACIÓN DE FENOSA NA VÍA RÁPIDA”. Como lle di o seu querido presidente “TODO UN FENÓMENO”
Publicado en Politica Local | Non hai comentarios »
Luns, 1 de Febreiro de 2010

Na edición deste ano , o Festival Internacional O FOCLORE DO MAR, celebrará o seu concerto central o venres, 09 de xullo , en lugar do sábado 10 que se anunciara.
Despois dunha reunión mantida entre a Directiva da Asociación MEIRAMAR-AXÓUXERES e o Concelleiro de Cultura do Concello de Moaña, Diego Riobó, a entidade mostrou toda a súa disposición para evitar, tal e como llo solicitaba o Concelleiro, coincidir no sábado 10 de xullo o concerto central e o inicio das Festas de San Bieito, na Parroquia de
Domaio.
Os representantes da Asociación explicaronlle ao Concelleiro que o feito de mudar as datas do festival, pois antes era no mes de agosto, foi debido a ter que coordinarse con outros festivais para poder contar con grupos de fora do continente europeo , pois grupos de Asia ou America non se desprazan só por unha semana.
O Concelleiro Diego Riobó, agradeceu a total colaboración por parte de MEIRAMAR-AXÓUXERES.
Publicado en Politica Local | Non hai comentarios »
Martes, 26 de Xaneiro de 2010

Consello de goberno do Concello de Moaña, ven de definir cales serán as súas inversións co de acordo co Plan Provincial de Cooperación (PPC), uns 87.500€ que se destinarán para dúas actuacións de mellora dos espazos colectivos do noso concello.
A primeira das obras será a construción dun parque público en Meira, na zona da Guía, esta obra son un s 700m2 que xa se comprometeran coa Comunidades de Montes de Meira, onde se colocarán xogos infantís , biosaudables , un mirador, e unha zona de lecer.
A outra inversión corresponde ao arranxo do lavadoiro da Martinga, en plena Rúa Ramón Cabanillas, onde ademáis do teito do lavadoiro, e da remodelación do mesmo, procederase á mellora do entorno e colocación de bancos, xardín e puntos de luz, para que a zona se converta nun punto de encontro entre os veciños.
Publicado en Politica Local | Non hai comentarios »
Martes, 26 de Xaneiro de 2010

premer para ver o boletín do bng
Ademáis deste novo boletín que enviou o BNG fai un mes ás casas de Moaña, podedes a partir de agora ver todos os boletíns que se levan enviados ás veciñas e veciños do noso concello dende fai dous tres anos. Tedes que premer na parte superior da páxina onde indica : DESCARGAR BOLETÍNS DO BNG EN MOAÑA
Publicado en Politica Local | Non hai comentarios »
Mércores, 20 de Xaneiro de 2010
 Foto do Faro de Vigo edición Morrazo. 10/01/10
O BNG o pasado sábado 9 de Xaneiro, realizou un acto sobre pesca ao que asistiron Olaia Fernández Davila(deputada nas cortes do Estado), Bieito Lobeira(deputado no parlamento Galego) e Ana Miranda (representante do BNG no parlamento europeo). O acto estivo presentado polo deputado provincial e concelleiro de Mar e Medio Ambente de Moaña, Daniel Rodas. O acto estivo centrado na nova Política Pesqueira Común da Unión Europea. Para Ana MIranda un dos retos máis importantes que se plantexa o BNG en Europa é que a flota sexa rentábel grazas as posíbeis subencións, a diferenciación entre pesca industrial e artesanal de baixura ou o marisqueo, así como que Galiza sexa definida como Zona Altamente Dependente da Pesca, como xa ocorre con outras zonas Europeas.
Bieito Lobeira: Isto provoca que a flota galega só teña asignado o 4% da cuota pesqueira e os daneses o 40%, así como acceso a augas comunitarias nas que os nosos barcos non poden faenar”
A este Acto asistiron representación de todas as cofradías e sectores dependentes da pesca e marisqueo da Ría de Vigo e de Pontevedra, así como unha nutrida representación de bateeiros, redeiras e xente do sector. O debate xenerou numerosas preguntas e postas en común que se trasladaron para que a comisión nacional de Pesca do BNG analice e trslade a información. Asimesmo, explicouse que calquera cuestión relacionada con este tema, se lle expuxera ao concelleiro de Moaña Daniel Rodas, que como membro desta comisión faga chegar caslquer iniciativa a este órgano do BNG.
Publicado en Información Nacional, Politica Local | Non hai comentarios »
Luns, 31 de Agosto de 2009
O BNG de Moaña considera inaceptábel a supresión da gratuidade universal dos libros de texto que se tiña implantado polo goberno anterior e que se viña aplicando con resultados positivos en todo o tramo do ensino obrigatorio.
O goberno do PP ven de botar por terra o sistema de préstamo establecido até agora e lexisla un novo sistema de axudas en función da renda familiar que so establece a gratuidade para un 25 % das familias con fillos en idade de escolaridade obrigatoria.
A nova medida comezará nos dous próximos cursos para 1º, 2º, 5º e 6º de Primaria e Educación Especial. No curso 2011-12 sumaranse 1º e 3º da ESO, para pasar a cubrir todos os niveis a partir do curso 2012-13. Polo tanto o programa actual de gratuidade irá desaparecendo paulatinamente durante a implantación do novo sistema.
Sorprende que o PP trate de xustificar a medida atacando o sistema anterior por “ser excesivamente caro” cando non ten ningún escrúpulo á hora de subvencionar con cartos públicos a centros educativos de ideoloxía relixiosa ultraortodoxa que segrega ao alumnado en función do seu sexo.
É esta unha medida moi regresiva que ataca directamente ao carácter público e gratuíto do ensino. Para o BNG o ensino, entendido como servizo público, debe manter a cobertura universal da gratuidade dos libros de texto en todos os niveis de ensino obrigatorio.
É inadmisíbel que o sr. Conselleiro de educación queira xustificar a medida aludindo á situación de crise actual, xa que a mesma situación require de maior apoio económico ás familias, todo o contrario do que a medida supón.
Ante isto cabe preguntarse: Que será o próximo? Teremos que acudir ao SERGAS e en función da renda teremos que pagar as gasas, o antiséptico e o esparadrapo?
Para o BNG de Moaña a medida denunciada inclúese nos recortes educativos e sociais que o goberno do Sr. Feijoo está a aplicar nestes primeiros meses, eliminando todos os avances que se tiñan conseguido até o momento actual.
Etiquetas:ensino, pp Publicado en Opinión, Politica Local | Non hai comentarios »
Mércores, 19 de Agosto de 2009

No último Pleno da Corporación Municipal celebrado o 14 de agosto, donde quedou aprobado inicialmente o Plan Xeral de Ordenación Municipal, por unanimidade dos grupos, algúns persoeiros do Grupo Municipal do Partido Popular desenmascaránronse e deixaron ao descuberto os verdadeiros motivos do seu “amor e entrega á política”.
Os concelleiros, Nahur Currás, Angel Gonzalez e José Fervenza, levantáronse dos seus escanos, según eles “por hixiene democrática” e manifestaron que non participarían na votación pois tiñan intereses urbanísticos.
Falso discurso, pois si ben a Lei de Procedemento Administrativo no seu artigo 28 fala da obrigación das autoridades e do persoal da Administración de absterse nos asuntos donde teñan intereses directos, non é só no momento da toma de decisión e polo tanto no momento de votar, a Lei dí que deben asbterse no PROCEDEMENTO e polo tanto, si tanto lle preocupaba a ”hixiene democrática” estes tres persoeiros deberon de absterse de participar no debate do Plan Xeral, pero Fervenza, lonxe de preocuparlle a “hixiene democrática”, participou e mesmo reivindicaba na prensa a convocatoria da comisión de seguimento do PXOM. Unha mostra máis do cinísmo e da falsa moral da dereita cavernícola.
En definitiva, os moañeses e moañesas non sabemos o que pensa o Partido Popular do Plan Xeral ou si hai tres Partidos Populares opinando:
Un, o dos tres que votaron a favor; dous os que teñen intereses urbanísiticos privados e tres; a concelleira que non asistíu e que non se sabe si non puido ou non lle interesaba o asunto.
Publicado en Politica Local, Sen categorizar | Non hai comentarios »
Luns, 3 de Agosto de 2009
O pasado día 22 de xullo dábamos conta aquí da moción presentada polo Deputado Provincial Daniel Rodas, que en definitiva propoñía :
1º.- Que se inclúa a cantidade de 2.000.000 euros para completar a urbanización do vial provincial EP-ll O1 da Moca a capela dos Miragres (O Piñeiro), con cargo aos fondos reservados no orzamento da Deputación Provincial para o acondicionamento dos seus viais.
2º.- Que se remita de forma inmediata unha proposta de convenio ao concello de Moaña que recolla a actuación na totalidade do vial coa súa programación anual de execución.
O Partido Popular e o Sr. Louzan votaron en contra destas propostas, deixando ao descuberto que non teñen pensado para nada mellorar os viais da súa competencia en Moaña, deixando en evidencia ao Sr. Fervenza e demais persoeiros do PP de Moaña.
Mentras tanto, o Concello de Moaña, xa rematou as obras de ensanche e urbanización no tramo dende As Barxas até a Moca.
¿Para cando teñen pensado seguir o exemplo os Sres.do PP? ¿Que excusas poñeran agora?
Etiquetas:Berducedo, Deputación, pp Publicado en Politica Local | Non hai comentarios »
Venres, 31 de Xullo de 2009

Os parlamentarios nacionalistas denuncian que no caso de Moaña “séguese recortando o servizo” e critican as últimas declaracións do conselleiro Agustín Hernández
Os deputados nacionalistas lembran que a iniciativa do BNG transccionada no Parlamento de Galiza cos outros grupos instaba á Xunta a que antes do 3 de decembro de 2009 realizase as modificacións legais necesarias para evitar a “desaparición, redución de frecuencias, ou degradación das condicións de transporte que actualmente se prestan”.
A realidade é que o servizo segue reducíndose
Sen embargo, os parlamentarios do BNG denuncian que “no caso de Moaña segue suprimido o servizo de transporte marítmo as fins de semana e os festivos; os barcos saen cada hora os días laborábeis, xa non cada media hora, e a empresa navieira mantén a ameaza de supresión total do transporte unha vez rematada a campaña de verán”.
Declaracións do conselleiro Agustín HernándezNeste sentido, denuncian que “a incertidume social vai en aumento co paso do tempo e non existen, ou non se coñecen, indicios que permitan albiscar unha saída positiva ao actual estado de cousas”.
A este respeito, os deputados do BNG consideran “máis grave aínda que o propio conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, afirmase que `non se pode subvencionar o billete -a través do correspondente convenio- se non se incrementa o número de usuarios”.
A estas declaracións os parlamentares nacionalistas sublíñanselle ao conselleiro que “por moito que non entre nos parámetros do PP a aposta por una modelo de transporte público, intermodal e colectivo, como é o de ría, é deber da Xunta acometer o mandato do Parlamento do pasado 17 de xuño, no sentido de acometer todas as accións necesarias en defensa da existencia, calidade e futuro do transporte marítimo de viaxeiros e viaxeiras na ría de Vigo”.
Ante esta situación, os deputados do BNG pregúntanlle á Xunta de Galiza polas vías de comunicación que teñen coa Unión Europea para darlle saída legal ao conflito existente e, en concreto, polas modificacións lexislativas que porán en marcha á luz do novo Regulamento comunitario a fin de restablecer a declaración do transporte marítimo de viaxeiros na ría de Vigo como servizo público de titularidade da Xunta.
Por último, demándanlle á Xunta que confirme se as moficacións legais entrarán en vigor antes do 3 de decembro e que concrete as medidas que vai poñer en marcha para evitar a desaparición, redución de frecuencias ou degradación das condicións de transporte que se viñan prestando.
Etiquetas:BNG, parlamento, transporte de ría Publicado en Información Nacional, Politica Local | Non hai comentarios »
|