Author Archive
A DEPUTACIÓN VOLVE QUERER ENGANAR AOS VECIÑOS DE MOAÑA
O BNG ven de deixar co cu ao aire ao Presidente da Deputación e ao Portavoz Municipal, José Fervenza. no seu compromiso de colaboración para a instalación de herba artificial no campo de fútbol da Granxa, de Domaio, demostrando claramente que a Deputación carece de compromiso cos veciños de Moaña e o seu portavoz é incapaz de comprometer algún investimento para o noso concello
O BNG levou ao Pleno da Deputación unha moción onde se adquiriu o compromiso de remitirlle ao concello de Moaña o convenio de colaboración para a instalación da herba artificial, no campo do Domaio, coa intención de transformar os compromisos teóricos “CONVENIO FIRMADO DE PALABRA”, que defendía o Sr Fervenza, en CONVENIOS ADMINISTRATIVOS, claros, transparentes e precisos.
Dous meses despois do compromiso adquirido o convenio non deu chegado e o concello de Moaña ante a premura de cerrar as proposta do segundo Plan E, trasladoulle o compromiso de asumir a totalidade da obra ao Domaio, C.F. mentres a Deputación seguía aducindo novamente escusas peregrinas: “antes hai que retranquear a grada, antes hai que facer os vestiarios, antes hai que facer o aparcamento, antes…”
O proxecto de mellora das instalacións do Domaio: céspede, retranqueo da grada, vestiarios… ascende a 550.000 euros, mentres que o convenio tipo que está a firmar a Deputación con diferentes concellos e clubs da provincia para a instalación de herba artificial alcanza aos 500.000 euros. A maiores do convenio tipo, a Deputación amplía os convenios con criterios claramente partidistas, e non ten reparo en realizar todo tipo de obras complementarias
|
CAMPO DE FUTBOL |
IMPORTE |
DEPUTACIÓN |
CONCELLO |
OBRAS COMPLEMENTATIAS REALIZADAS POLA DEPUTACIÓN |
|
A Veigadiña |
698.678,48 € 200.000 € |
498.678,48 € 200.000 € |
124.000 € |
Herba artificial e equipamentos Vestiarios e bancadas |
|
Rabelo (A LAMA)convenio_racelo_a_lama |
498.678,48 € |
374.678,48 € |
124.000 € |
Convenio tipo |
|
Augas Férreas ( A CAÑIZA) |
600.000 € |
500.000 € |
100.000 € |
Drenaxe do campo, canaletas, pavimentación acesos, canóns de auga… |
|
A Chanciña (CAMPOLAMEIRO)compañeiro de campolameiro |
498.678,48 € |
374.678,48 € |
124.000 € |
Convenio tipo |
|
As Cháns (VILANOVA) |
724.000 € |
600.000 € |
124.000 € |
Campo, Grada 300 espectadores |
|
Vilalonga (SANXENXO) |
1.325.000 € |
525.000 |
800.000 € |
Construción campo fútbol, acesos, gradas, canalizacións… |
Quedando demostrado que mentres a algúns nos pide a “gloria”, a santa institución da Deputación non ten reparo en realizar obras de: vestiarios, bancadas, movementos de terras, canalizacións, aparcamentos…En ningún convenio se especifica cales son as obras complementarias, salvo nos concellos doutra cor política que nunca dan satisfeito as condicións que dí o señor Louzán, que debe reunir un campo regulamentario.
Unha vez máis o señor Louzán cree que a institución que preside é unha sucursal do partido popular e nin os acordos plenarios respecta e si xa había históricas demandas reclamando a mellora das obsoletas estradas provinciais agora demostra a súa incapacidade por colaborar na mellora das infraestruturas deportivas, aínda que non ten vergonza en asistir a algún dos actos de inauguración: PISCINA MUNICIPAL, CAMPO DE FUTBOL DO CASAL, OS DOUS CAMPOS DE FUTBOL SETE, O CAMPO DE DOMAIO OU AS PISTAS DE ATLETISMO DA XUNQUEIRA.
O Sr Fervenza desaproveita unha nova oportunidade de contribuír a crear un metro cadrado de dotacións deportivas no noso concello e pásanlle por diante os 14 millóns de euros que o presidente ten de libre dispoñibilidade do Plan Provincial sen que sexa capaz de anunciar nin un só euro de investimento, salvo as premiadas “propostas peregrinas” de: “PROCESIÓN DO CARME” “ACORDO FIRMADO DE PALABRA”, “CLUB DE XUBILADOS NA LONXA DE MEIRA” ou “ESTACIÓN DE FENOSA NA VÍA RÁPIDA”. Como lle di o seu querido presidente “TODO UN FENÓMENO”
O CONCERTO CENTRAL DA XVII EDICION DO FOLCLORE DO MAR SERÁ O VENRES, 09 DE XULLO E NON EN SÁBADO.

Na edición deste ano , o Festival Internacional O FOCLORE DO MAR, celebrará o seu concerto central o venres, 09 de xullo , en lugar do sábado 10 que se anunciara.
Despois dunha reunión mantida entre a Directiva da Asociación MEIRAMAR-AXÓUXERES e o Concelleiro de Cultura do Concello de Moaña, Diego Riobó, a entidade mostrou toda a súa disposición para evitar, tal e como llo solicitaba o Concelleiro, coincidir no sábado 10 de xullo o concerto central e o inicio das Festas de San Bieito, na Parroquia de
Domaio.
Os representantes da Asociación explicaronlle ao Concelleiro que o feito de mudar as datas do festival, pois antes era no mes de agosto, foi debido a ter que coordinarse con outros festivais para poder contar con grupos de fora do continente europeo , pois grupos de Asia ou America non se desprazan só por unha semana.
O Concelleiro Diego Riobó, agradeceu a total colaboración por parte de MEIRAMAR-AXÓUXERES.
NOVAS INVERSIÓNS PREVISTAS POLO GOBERNO MOAÑÉS. PARQUE NA GUÍA E REFORMA INTEGRAL DO LAVADOIRO DA MARTINGA.
Consello de goberno do Concello de Moaña, ven de definir cales serán as súas inversións co de acordo co Plan Provincial de Cooperación (PPC), uns 87.500€ que se destinarán para dúas actuacións de mellora dos espazos colectivos do noso concello.
A primeira das obras será a construción dun parque público en Meira, na zona da Guía, esta obra son un s 700m2 que xa se comprometeran coa Comunidades de Montes de Meira, onde se colocarán xogos infantís , biosaudables , un mirador, e unha zona de lecer.
A outra inversión corresponde ao arranxo do lavadoiro da Martinga, en plena Rúa Ramón Cabanillas, onde ademáis do teito do lavadoiro, e da remodelación do mesmo, procederase á mellora do entorno e colocación de bancos, xardín e puntos de luz, para que a zona se converta nun punto de encontro entre os veciños.
BOLETÍN INFORMATIVO DO BNG EN MOAÑA.
premer para ver o boletín do bng
Ademáis deste novo boletín que enviou o BNG fai un mes ás casas de Moaña, podedes a partir de agora ver todos os boletíns que se levan enviados ás veciñas e veciños do noso concello dende fai dous tres anos. Tedes que premer na parte superior da páxina onde indica : DESCARGAR BOLETÍNS DO BNG EN MOAÑA
ACTO INFORMATIVO SOBRE PESCA DO BNG.

Foto do Faro de Vigo edición Morrazo. 10/01/10
O BNG o pasado sábado 9 de Xaneiro, realizou un acto sobre pesca ao que asistiron Olaia Fernández Davila(deputada nas cortes do Estado), Bieito Lobeira(deputado no parlamento Galego) e Ana Miranda (representante do BNG no parlamento europeo). O acto estivo presentado polo deputado provincial e concelleiro de Mar e Medio Ambente de Moaña, Daniel Rodas. O acto estivo centrado na nova Política Pesqueira Común da Unión Europea. Para Ana MIranda un dos retos máis importantes que se plantexa o BNG en Europa é que a flota sexa rentábel grazas as posíbeis subencións, a diferenciación entre pesca industrial e artesanal de baixura ou o marisqueo, así como que Galiza sexa definida como Zona Altamente Dependente da Pesca, como xa ocorre con outras zonas Europeas.
Bieito Lobeira: Isto provoca que a flota galega só teña asignado o 4% da cuota pesqueira e os daneses o 40%, así como acceso a augas comunitarias nas que os nosos barcos non poden faenar»
A este Acto asistiron representación de todas as cofradías e sectores dependentes da pesca e marisqueo da Ría de Vigo e de Pontevedra, así como unha nutrida representación de bateeiros, redeiras e xente do sector. O debate xenerou numerosas preguntas e postas en común que se trasladaron para que a comisión nacional de Pesca do BNG analice e trslade a información. Asimesmo, explicouse que calquera cuestión relacionada con este tema, se lle expuxera ao concelleiro de Moaña Daniel Rodas, que como membro desta comisión faga chegar caslquer iniciativa a este órgano do BNG.

