Archive for Xullo, 2011

Pleno municipal do día 28/07/2011

O pleno de Municipal de Moaña do día 28/07/2011 foi curto, cunha duración de 30 minutos. Non había puntos importantes a non ser polos dous últimos, punto 5 sobre os representantes municipais na mesa de comercio e o punto 6 Rogos e Preguntas. O pleno comezou coa seguinte orde do día (os minutos refírense ao Vídeo do Pleno de Moaña do 28/07/2011 completo ):

  1. Aprobación das actas. Minuto 1:10
  2. Resolucións da alcaldía. Minuto 2:25
  3. Toma de posesión de Marta Freire Riobó. Minuto 3:00
  4. Dar conta dos informes da intervención municipal sobre a estabilidade orzamentaria 2010. Minuto 6:20
  5. Proposta da alcaldía sobre os representantes municipais na mesa de comercio. Minuto 9:00
  6. Rogos e Preguntas. Minuto 21:50

Vídeo do punto 5 Proposta da alcaldía sobre os representantes municipais na mesa de comercio:



Vídeo do punto 6 Rogos e preguntas. Neste punto houbo polémica en canto o Sr. Alcalde, José Fervenza do PP, cortou a palabra ao portavoz do BNG sen deixarlle expoñer a pregunta que con anterioridade solicitara. Non só non lle deixou falar, senón que levantou o pleno marchando do mesmo o Sr. Alcalde, o grupo municipal do PP e a xente que viñan con eles.



Vídeo do pleno municipal completo:

Pleno municipal do día 30/06/2011

Video recopilatorio de insultos e interrupcións ao Portavoz do BNG


Pleno completo, duración aproximada de 2H