Archive for Febreiro, 2011

O PP quere dar vía líbre as infraccións urbanísticas en Moaña

Pasquisn publicados polo PPO Partido Papular de Moaña ven de poñer a andar unha campaña en contra da legalidade urbanística no concello de Moaña, coa difusión de pasquíns que pretenden denunciar as actuacións da Concellería de Urbanismo en materia de inspección e sanción de infraccións urbánisticas. Según o presidente do PP local, estase a producir demasiado control sobre a actividade urbanística en Moaña, e sobre todo, estase sendo demasiado estricto na aplicación da legalidade, e según afirma «O goberno BNG-PSOE foi o primeiro en aplicar sancións coercitivas en Moaña» ¿quere decir que durante o goberno do PP non se produciu ningún tipo de sanción? ¿a caso non se cometeron irregularidades urbanísticas? Preguntámonos cal é a súa proposta en materia de urbanismo cara as vindeiras eleccións, ¿aplicarán a política do «todo vale» e se pode negociar?
Por último, fan un chamamento a todas aquelas persoas expedientadas ou sancionadas para que se acheguen a súa oficina de asesoramento para protestar.
Dende o BNG queremos aclarar os seguintes aspectos:
1º-A sanción ou multa coercitiva prodúcese cando a infracción non é subsanada en tempo e forma indicada no expediente de infracción. É decir, que se non se procede a reposición da legalidade é cando se emite a sanción.
2º-Os expedientes sancionadores non son «caprichos» do delegado de Urbanismo, senón que parten dos informes técnicos do persoal do Dpto. de Urbanismo, e sempre están fundamentados na LOUGA (Lei aprobada polo PP, Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia.), e sobre a obxectividade destes informes non caben «negociacións».
3º- A aplicación da normativa urbanística debe ser respectada por todos e todas os/as veciños/as, e para que isto sexa así , os técnicos do departamento de urbanismo deben poder traballar de xeito obxectivo e sen coaccións políticas de ningún tipo. ¿Que opinan de que un Concelleiro, Deputado Autonómico, e candidato a alcaldía dentro duns meses, cuestione o seu traballo?
O PP está acostumado a «negociar» sobre cuestións legais, pero en materia de Urbanismo os informes técnicos marcan se algo é legal ou non o é, e non hai termos medios. O BNG manterase sempre dentro do marco da legalidade.
José Fervenza anima a todas estas persoas, que non aceptaron as reposicións da legalidade a «denunciar» ¿a quen? ¿a que?¿o que?, non se sabe ben que pretenden decir, e outra das «ocorrencias» as que nos ten acostumado o PP nos últimos tempos con fins de enlamar a vida municipal.
É escandaloso que ocorran estes feitos, e que o PP actúe de xeito contrario a lei, Fervenza debe ser o primeiro político do País que pide públicamente que non se respete a legalidade urbanística dun concello, todo un exemplo de quen non debe chegar nunca a gobernar o noso concello.