Archive for Febreiro, 2011
O BNG consegue forzar a Deputación para que remita o convenio de urbanización da estrada de Berducedo.
No pasado pleno da Deputación de Pontevedra, o deputado provincial do BNG, Daniel Rodas, volveu a insistir a través dunha moción , na necesidade de que o señor Louzán remitise o antes posible o convenio para que dunha vez se reflectise por escrito colaboración que o Concello de Moaña lle ofrece na urbanización da estrada a Berducedo.
Por fin, despois de moito tempo de desplantes e votacións do PP negativamente, ante a reiteración e a presión do BNG sobre este asunto, conseguiuse dar un pequeno paso mais, e que o PP votase favorablemente a esta moción. Agora queda agardar a ver canto tempo van dilatar a redación dese convenio, e o que mais importa ós veciños e veciñas de Moaña, canto tempo tardarán en elaborar o proxecto e comezar as obras.
O BNG seguirá a reclamar as melloras na seguridade vial daquelas estradas competencia exclusiva da Deputación de Pontevedra ata que se fagan realidade «as palabras» do señor Louzán, non escatimaremos esforzos ainda que teñamos que levar mil mocións mais.
O PP engana ós veciños e veciñas de Domaio outra vez.
Vense de recibir no Concello de Moaña unha misiva da presidenta da Autoridade Portuaria de Vigo, onde confirma os peores augurios que se agardaban. Corina Porro , do PP, non so paralizou e suspendeu as obras de construción do paseo do aterrado de Domaio, senón que agora, ano e medio despois, pretende desentenderse do asunto e deixa a Domaio sen esta obra tan importante e agardada.
O acondicionamento da fronte marítima de Domaio fora dende sempre unha reibindicación do BNG, pola que estibo loitando dende a construción do aterro nos anos 80. Foi no 2007 cando por fin se conseguiu o compromiso do entonces presidente da Autoridade Portuaria de Vigo para que acometese está obra tan importante en Domaio, para o cal se redactou un proxecto consensuado cos veciños e veciñas. O custe deste proxecto rondaba os 800.000 € , que o Porto de Vigo consideraba elevado para ser acometido nunha soa anualidade, polo que se acordou dividilo en dúas anualidades. No 2008 rematouse o proxecto e no 2009 comezaron as obras da primeira fase.
Durante este tempo produciuse o cambio da presidencia do Porto de Vigo, ao que accedeu o PP con Corina Porro coas obras da primeira fase a piques de se rematar, de feito, foi a propia Corina Porro a encargada de inaugurar o novo paseo alá polo mes de Novembro daquel ano.
Ahí comezaron os problemas, cando no propio acto inaugural evitou por todos os medios facer público ningún compromiso de continuidade das obras, deixando entrever que buscaría o xeito de non continuar as obras con cargo a Autoridade Portuaria. A todo isto, o seu compañeiro de partido, deputado autonómico, José Fervenza, foi testigo do desplante ós veciños e veciñas de Domaio xa naquel momento sen decir nada, e mantendo un silencio bastante delatador.
Con estes antecedentes, despois de aquel acto, foron moitas as solicitudes para manter reunións coa Presidenta por parte da Alcaldía e asociación de veciños co fin de abordar o tema e o retraso no inicio da segunda fase do proxecto, prevista inicialmente para comezos do 2010, a resposta sempre foi dar largas e pospoñela con excusas do mais variado.
Incluso en varias ocasións a resposta ás solicitudes se fixo a través da prensa, asegurando que estaban a redactar un proxecto, ¿para que? se xa había proxecto antes da súa chegada . Claramente, o PP estaba a dilatar plazos, poñendo excusas e trabas para o inicio destas obras, que curiosamente, desapareceron das reclamacións cotiás do PP de Moaña. José Fervenza eliminou das súas reclamacións de melloras o paseo de Domaio, o cal xa era un indicio bastante claro do que agora acontece, que non é outra cousa que a Autoridade Portuaria se desentende deste espacio e quere traspasarlle as competencias do mesmo a Costas do Estado co fin de non acometer as obras pendentes e comprometidas polo anterior presidente.
O PP de Moaña é complice desta situación e do engano, pois encargabanse de emitir comunicados e dar anuncios sobre esta obra que agora se demsotra que eran meros enganos encubridores do que xa debían coñecer, que Corina Porro non ía acomter esta segunda fase do paseo, cun claro fin electoralista.
Dende o BNG queremos amosar o noso malestar, e anunciamos que non deixaremos de reclamar que se cumplan os acordos acadados para o remate das obras. Proporáse no Concello de Moaña, que se a Autoridade Portuaria non acomete as obras e renuncia as competencias sobre este espacio, será o propio Concello quen o acondicione con recursos propios.
Os veciños e veciñas de Domaio non se merecen o desprecio que o PP ,a través da señora Porro, lle está amosar unha vez mais.
O PP rexeita redactar un proxecto para urbanizar a Estrada de Berducedo.
Unha vez mais, e como xa ocorreu en varias ocasións anteriores, a Deputación de Pontevedra avandona ós veciños e veciñas de Moaña.
Se hai uns días anunciaban a bombo e platillo en prensa que se ían iniciar as obras de urbanización da estrada provincial EP-1101 da Moca a capela dos Miragres nuha reunión entre Fervenza, Louzán e un «representante veciñal», resulta que a hora de descubrir a realidade non foi mais ca un novo engano electoralista do PP de Moaña.
O BNG, a través do Deputado Provincial , Daniel Rodas presentou unha moción solicitando a redacción do proxecto íntegro de mellora para este vial, así como que unha vez elaborado, se establecese unha partida económica e un calendario de execución para que despois fose remitido ó Concello de Moaña . Esta solicitude de acordo plenario, que resulta tan evidente e lóxica se tivesen algunha intención de acometer esta obra, resultou rexeitada polos votos en contra do grupo do PP na Deputación, o que demostra unha vez mais que o que Fervenza vende en Moaña Louzán non llo sumninistra en Pontevedra.
Ademais disto, o BNG volveu a solicitar que Louzán envie o convenio proposto para que inicie o antes posible a urbanización do primeiro tramo do vial,da Moca ata as Pagonas, tal e como prometera xa hai mais dun mes na súa campaña propagandistica.
O BNG quere recordar de novo, que o único tramo deste vial que xa está acondicionado fixono o Concello de Moaña, e lembralle a o señor Fervenza e ó PP de Moaña , que a partida existente hai anos nos orzamentos da Deputación, de uns 350.000€ foi desviada para outras obras en concellos coma Mondariz ou Lalín, e na actualidade esa partida non foi incluída de novo nos orzamentos provinciais ¿que quere prometer agora?.
En Moaña seguimos agardando por compromisos por escrito e asinados, porque non nos valen a asinaturas «de palabra» que tanto lle gustan ó PP. Os resultados a vista están, Berducedo segue sen contar con un vial de acceso en boas condicións, sen proxecto e sen partida orzamentaria para acometelo.
A Deputación de Pontevedra segue dando rodeos no proxecto de mellora da estrada de Verducedo.
Unha vez mais o PP segue a marear a perdiz no tema da mellora da estrada de Verducedo. Así levamos mais de tres anos, con anuncios, fotografías, e notas de prensa que teñen como resultado o que se ve na actualidade nese vial, é decir, nada.
O único tramo feito nese vial tivo que ser acometido polo Concello, que humanizou e dotou de beirarrúas o tramo comprendido entre a Travesía de Montenegro e a Moca, obras feitas xa vai para dous anos, agardando a que a Deputación continuase a obra , cando menos, ata o cruce das Pajonas, pero a día de hoxe a situación de abandono dese vial é o mesmo.
Agora, a escasos meses dos comicios locais, o PP de Moaña e algún «representante» veciñal, adicase a facer mais propaganda para a Deputación, decindo que o problema está na cesión dos terreos, que o problema está en que o Concello non asina un convenio, que o problema está en que o Alcalde non responde as notificacións,…. e así mais e mais mentiras que compre desmentir e descubrir.
En primeiro lugar, a cesión voluntaria da maioría dos veciños xa foi remitida antes do pasado verán ó organismo provincial, sen ter resposta algunha sobre o tema.
En segundo lugar, Louzán non remitiu ningún tipo de documentación ó Concello de Moaña referido a mellora deste vial.
En terceiro lugar, a última documentación recibida no Concello non é mais ca unha «cartiña» do director de Infraestructuras provincial, sen ningún tipo de información sobre a obra, e na que se pide un compromiso do concello para sufragar o 30% da obra.
Pois ben, ó BNG nos parece unha auténtica tomadura de pelo que se solicite un compromiso de colaboración para sufragar un proxecto do que non existe documento algún, e do que se descoñece o seu importe. ¿Canto é ese 30% de nada? ¿Que é o que se vai facer nese proxecto?¿Cantos metros son?
Louzán ten que darse conta dunha vez de que exite unha fórmula legal para levar a cabo as colaboracións, chámanse Convenios,non nos valen as famosas «firmas de palabra», e precismente , o que dende o Concello de Moaña se lle pide é que envie a documentación para asinar un convenio, con todos os datos, co seu proxecto, e con todos os detalles e compromisos de ambalas dúas institucións, toda esta parafernaria publicitaria so ten un sentido, dar rodeos para seguir igual, sen invertir nada na mellora da estrada provincial.
Fervenza convertese no avogado da Xunta de Galicia en Moaña.
Os feitos que están a acontecer nas últimas semanas en relación a problemática da ubicación da subestación electrica en Trigás, volve a poñer ao descuberto a verdadeira cara de Fervenza e o Partido Popular de Moaña. ¿A quen defende Fervenza? pois di unha cousa pero fai outra. Agora adicase levantar cortinas de fume para tapar a súa escandalosa actitude ó respecto deste problema que preocupa ós veciños. Cabe recordarlle que o BNG xa se opuso en varias ocasións e públicamente a instalación desta subestación en Trigás, para o cal, o Goberno Municipal adoptou a decisión de calificar os terreos de Trigás como dotacionais, co fin de evitar a instación nese lugar por parte de Fenosa.
O BNG emplazou a Fenosa a que consensuase outra ubicación alternativa, incluso Fervenza se ofrecía como mediador pois aseguraba ter o emplazamento perfecto, un emplazamento que nunca apareceu, tras fracasar as propostas xurdidadas dende entón.
Dende o BNG queremos deixar claro que a responsabilidade de manter o servizo eléctrico de calidade no Concello de Moaña recae exclusivamente na empresa suministradora e na Consellería de Industria, polo que deberán ser as responsables de atopar unha solución satisfactoria para todos os veciños que agora se poidan sentir perxudicados.
Pero Fervenza non se entera, e agora, despois de que a Consellería de Industria non tivese en conta ningunha das alegacións presentadas contra a ubicación en Trigás, despois de que ignorase o planeamento xeral que está a piques de se aprobar, defende que a autorización dada polos seus compañeiros en Santiago ven forzada por culpa do Concello de Moaña, e atrevese a decir «que non lles quedou mais remedio que darlle esa saída». O propio Fervenza di unha cousa en Moaña e despois cala no Parlamento, onde se tomou a decisión de darlle a autorización a Fenosa. ¿Por que? Porque Fervenza so defende os intereses do PP, situandonos por riba dos veciños de Moaña, aos que dentro duns meses lle pedirá o voto.
No pasado Pleno Municipal, tentou que se aprobase unha moción en contra da subestación electrica en Trigás, moción plagada de incongruencias e faltas de respecto cara o Grupo de Goberno que foi votada negativamente por 10 votos a 6.
O grupo Municipal do BNG recordoulle a Fervenza ,e ó PP, que no Concello xa hai aprobadas diferentes mocións ó respecto, e que agora tócalle ó señor Deputado Autonómico presentar as mocións e enmendas onde corresponde presentalas, que é no Parlamento Galego, a onde vai todalas semanas, e polo que percibe o seu salario.
O BNG pídelle ó señor Fervenza que presente ante o seu compañeiro de partido, e Conselleiro de Industria, Javier Guerra, todas as firmas que di ter recollidas en contra da subestación en Trigás, así como unha moción no mesmo sentido para que o órgano competente corrixa a autorización que lle deron a Fenosa, se non o fai, será tan culpable coma o seu Conselleiro de permitir a instalación en contra dos intereses veciñais e do propio Concello de Moaña.
