
Na edición deste ano , o Festival Internacional O FOCLORE DO MAR, celebrará o seu concerto central o venres, 09 de xullo , en lugar do sábado 10 que se anunciara.
Despois dunha reunión mantida entre a Directiva da Asociación MEIRAMAR-AXÓUXERES e o Concelleiro de Cultura do Concello de Moaña, Diego Riobó, a entidade mostrou toda a súa disposición para evitar, tal e como llo solicitaba o Concelleiro, coincidir no sábado 10 de xullo o concerto central e o inicio das Festas de San Bieito, na Parroquia de
Domaio.
Os representantes da Asociación explicaronlle ao Concelleiro que o feito de mudar as datas do festival, pois antes era no mes de agosto, foi debido a ter que coordinarse con outros festivais para poder contar con grupos de fora do continente europeo , pois grupos de Asia ou America non se desprazan só por unha semana.
O Concelleiro Diego Riobó, agradeceu a total colaboración por parte de MEIRAMAR-AXÓUXERES.
Etiquetas: cultura