Movámonos, polo noso idioma, polo emprego

Foto do acto do dia 17 de Xullo
O día 17 de Xullo tivo lugar un acto do Bloque Nacionalista Galego en Moaña no que se viña a destacar os 6 anos de governo nacionalista en Moaña.
No acto interviron diferentes personalidades como son:
- Concha Trigo: Membro do Consello local e do Consello Nacional do BNG
- Xesús García: Responsábel Local do BNG
- Montse Prado: Membro da Executiva do BNG a nível Nacional
- X.M. Millán: Alcalde de Moaña
Ao acto asistiron máis de 100 persoas, no cal houbo recordos para principios dos anos 80, de cando en Moaña non se sabía o que era a recollida do lixo, limpeza de rúas, etc…
Tamén se destacou a importancia do Día da Patria e do seu significado para o nacionalismo nestes días, do que Castelao deixou escrito no Sempre en Galiza: «se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma». Do que temos que facer cada un e cada unha de todos nos: Movámonos contra das políticas do Partido Popular que queren destruir o idioma galego, Móvamonos en contra das políticas do Partido Popular que queren facer de Galiza unha rexión de 5ª categoría. Movámonos para demostrar, que o 25 de Xullo, hai milleiros e milleiros de galegos e galegas, que queren que Galiza sexa unha Nación e que o Galego seña o idioma natural dos seus fillos.
O noso alcalde tamén tivo palabras para agradecer a presenza de todos os colectivos e asociacións presentes no acto, e a todas e todos os militantes que estaban alí presentes. Recordou todos os proxectos que levamos feito e están en Marcha: Campo de Fútbol do Casal, Recuperación da Xunqueira, Paseo de Domaio, o plan xeral e un largo etc…
