Miranda: «Só se o BNG está presente en Europa serán defendidos os nosos intereses»
A candidata do BNG ás eleccións ao Parlamento Europeo, Ana Miranda, subliñou hoxe que “a presenza de eurodeputados do BNG no Parlamento Europeo é a única garantía de que os intereses galegos sexan escoitados e defendidos en Bruxelas”.
Ana Miranda realizou estas declaracións esta mañá no decurso dun encontro con estudantes no campus universitario de Vigo, no que tamén participou a edil do BNG e tamén candidata ao Parlamento Europeo, Iolanda Veloso.
O transporte de Ría, “un medio respectuoso co medio ambiente e imprescindíbel para conectar a ría de Vigo, e que pola liberalización de servizos que defende a UE vai facer que desapareza, como xa está a acontecer coas conexións con Moaña”
O noso modelo é o dunha Europa máis democrática e social e máis solidaria cos países pobres»Ana Miranda asegurou que o modelo de Unión Europea que defende o BNG “é o dunha Europa máis democrática e social, máis solidaria cos países pobres, e na que os intereses de Galiza sexan defendidos.
Neste sentido, lembrou que “nestes cinco últimos anos asistimos á procesión dos caladiños en Bruxelas pois Galiza estivo completamente ausente”. Por iso, a candidata nacionalista, subliñou que “só a través do BNG os intereses de Galiza serán escoitados e defendidos en Bruxelas”.
Defender o transporte de ría e a nosa pesca
Pola súa parte, Iolanda Veloso lembrou que “o BNG mantén determinadas posturas que co tempo van demostrando que son de sentido común, fronte a discursos alleos que non se adaptan á nosa realidade”.
“Por iso –salientou- seguimos defendendo a construción dunha Europa dos Pobos, que se levante o veto a ASTANO para construír barcos, que o noso sector leiteiro e que a nosa pesca se poidan desenvolver.
Neste sentido, Iolanda Veloso fixo especial mención ao transporte de Ría, “un medio respectuoso co medio ambiente e imprescindíbel para conectar a ría de Vigo, e que pola liberalización de servizos que defende a UE vai facer que desapareza, como xa está a acontecer coas conexións con Moaña”
